sábado, 25 de mayo de 2024

O horto de Beade

O NOSO HORTO

Os rapaces e rapazas do club de ciencias de 1º da ESO estivemos a traballar ao longo do ano no horto que temos detrás da pista de fútbol.


En primeiro lugar tivemos que arrancar todas as malas herbas que naceran no horto, levounos bastante tempo e traballo 😫









O seguinte paso foi sachar e rastrillar o terreo, e coa terra ben preparada, pasamos a plantar un pouco de todo: tomates, acelgas, allos, cebolas, pementos, leitugas, calabacín... Puxemos o rego, que xa estaba instalado, e fumos modificando as frecuencias de rego en función do tempo.

Ao lado do horto, instalamos un composteiro para fabricar abono a partir de restos orgánicos.



Fixemos como anexo ao composteiro un pequeno panel no que se informa do que se pode e non se pode compostar.

Tamén elaboramos un calendario de semente, trátase dun calendario no que nos indica diversos aspectos da semente das especies do horto.



Neste calendarios podemos ver momentos de sementar e recolectar diversos vexetais, canto tempo tardan en xerminar, condicións para o trasplante, distancia entre vexetais e condicións para o rego.

Construimos ademais un horto “interior” pero que está posto fora, colgado na parede do pabellón. Fixémolo cun palé no que clavamos unhas táboas a modo de fondo. Elaboramos tamén maceteiros con botellas recicladas, no fondo puxemos pedras para mellorar a drenaxe e fixemos buratos na base. Nese horto plantamos herbas aromáticas como ourego, manzanilla, cilantro… 



No hay comentarios:

Publicar un comentario