jueves, 23 de junio de 2016

EXPOSICIÓN DE CARTEIS

Xa rematados,  colocamos a exposición no corredor da área de ciencias .






E aqui tedes o resultado final.

ESTUDIO DUN SOLO





O solo fórmase a partir das rochas, a medida que estas se van erosionando pola chuvia, as raices das árbores  que as van rompendo, e tamén os animais que viven dentro del como as miñocas, as toupeiras, que axudan a mantelo.Teñen que pasar miles de anos para formar o solo fértil donde poder cultivar .
Un solo ben formado ten varias capas , na superficie están os restos de follas e outros seres vivos, por debaixo a capa de materia orgánica, despois materia mineral e xa por último a rocha da que se orixinou.
A primeira é moi importante para a vida  ,  necesita   manter a vexetación para non perderse  . 

Fixemos unha análise de dúas mostras, unha  que collemos nas saídas  e outra dun xardín .




Separamos con cribas as partículas para ver os diferentes tamaños .


Despois  volvemos a mesturar todo engadindo auga e o pasamos a dúas probetas , nas que podemos ver como se colocan as diferentes capas . 




lunes, 20 de junio de 2016

O noso monte e os incendios forestais





Ó longo do curso fomos diseñando carteis das actividades que facíamos  e da información recolllida, aquí están  , esperamos que vos gusten.



                 













Herbario





Aproveitando o bo tempo , saímos a recoller plantas con flor para despois clasificalas  e facer un herbario. Collimos moitas, das que non sabíamos os nomes, pero sí que coñecíamos algunhas de xogar con elas a explotalas ,as de cor violeta da foto, e tamén coñecíamos os toxos claro.






No laboratorio fixemos primeiro a identificación usando guías.


E despois as prensamos


Cada dous días cmbiabamos os papeis . O resultado foi o seguinte:








O monte vivo na exposición de proxectos




 


A finais de maio participamos na exposición de proxectos do centro,eliximos tres dos traballos que xa tíñamos feitos . Durante día e medio estivemos explicando o noso traballo ós grupos de alumnos que a visitaban por quendas, e ós profesores e pais que tamén se achegaron . 
Fixemos un concurso con   preguntas acerca dos contidos que tiñan que contestar, sobre os bugallos, os aneis de crecemento e a información que poden darnos,e outras,  o premio eran chuches. Foi moi divertido.
Como se ve nas fotos colocamos algúns dos carballos da nosa plantación, que ademais ó pouco de botar a folla, apareceu nelas un fungo. Buscamos información, era o oidium, por iso puxemos un par de lupas, para que a xente os puidera ver mellor.




Estudio das flores dos piñeiros



ESTUDIO DAS FLORES DOS PIÑEIROS

Tivemos que esperar á primavera para ver as flores.
As  masculinas sempre aparecen na parte baixa, ó principio teñen cor marrón , pero despois xa se volven amárelas  por o pole .
As femininas aparecen nas partes máis altas , son como espigas que acaban en tres piñitas pequenas.Colócanse así para recibir o pole doutros piñeiros, porque a polinización é por vento.
Cando pasa un ano as flores femininas transfórmanse en piñas e , outro ano máis tarde as sementes,piñóns xa estarán maduros. 
Aquí  tedes  o cartel que deseñamos para a exposición e as flores
Estas son as femininas
 E as masculinas