lunes, 6 de abril de 2020

Copias de fósiles

Fixemos copias de fósiles en barro e tamén en escaiola Materiais barro fósiles o copias cunchas Primeiro estiramos o barro e o aplanamos , e cun rodete estirámolo , agora colocamos encima o fósil ou a cuncha para facer a pegada Debemos deixalo secar e endurecer Despois aplicamos un tapa poros e ao final un verniz O de escaiola una vez secos os podemos pintar como máis nos guste

ENTROIDO

Usando bolsas de lixo, cordóns feitos con bolsas da compra , chapeus de plástico ou cartón , anacos de botellas e outros materiais como anacos de plásticos de cores deseñamos os noso disfraces reciclados

RECICLAXE DE PLÁSTICOS

Empregamos botellas de plástico de diferentes tamaños e construimos Sementeiros para usar na nosa horta (para que medren as sementes antes de plantalas) tamén cataventos para poñer na horta

domingo, 5 de abril de 2020

A contaminación sononra no noso IES

CANTO RUIDO HAI NO NOSO INSTI? COMO PODEMOS REDUCILO?

Un grupo de alumnos do club nos propusimos medir os decibelios, é dicir, a intensidade de ruido no noso centro en distintos momentos e lugares do mesmo, para averiguar se podia chegar a ser demasiado alta (nos periodos de lecer, na cafetería, nas aulas...) e ver como podíamos facer para reducila.

Para facer as medicións empregamos tablets e unha aplicación gratuita que se chama Science Journal 

A aplicación permite deixar grabadas varias medicións, para poder analizalas, e tamén velas en tempo real.





 Na seguinte táboa amosamos o resumo das nosas medicións:


dialugar horadB mindB mediadB maxcomentario
26/11/2019Aula 239:10-123169Alto al principio y despues bajo (Clase)
15/11/2019Vestibulorecreo 1173777
15/11/2019cafeteriarecreo 13.53569
12/11/2019Aula 1917:00-9.53174clase
20/11/2019aula 1211:30-112782clase
22/11/2019aula 1211:00-8.12470estudio
22/11/2019aula 1211:10-11249aula vacia
25/11/2019piso arribaacto 10:0043563Acto altavoz
25/11/2019Altavozacto 10:001550663 metros del altavoz
25/11/2019Altavozacto 10:00166981Pegado al altavoz


Comparando coas táboas de decibelios estándares, nas que se clasifica a intensidade do sonido en función  dos decibelios medidos, como a que se ve a continuación:




Concluimos que:
  • Os valores máximos de decibelios medidos son demasiado altos nos recreos no vestíbulo, e na cafetería.
  • Nas aulas, ás veces o valor medio é un pouco alto de mais, tendo en conta que supostamente debería estar en silencio, mentras fala o profesor ou profesora.


Como última parte deste traballo a nosa intención e construir varios "semáforos de alerta" , empregando placas de arduino, sensores de sonido e leds, para colocalos nalgúns puntos "sensibles" do centro, e que "avisen" con luz vermella cando a intensidade sonora supere un certo umbral.

Os umbrais que imos empregar son:

  • Menos de 30dB: luz verde, nivel de ruido aceptable
  • Entre 30 e 50dB: luz amarela/laranxa, nivel de ruido empeza a ser moderado
  • Mais de 50dB: luz vermella, nivel de ruido non aceptable

Nesta imaxe podedes ver o semáforo en proceso de construción: