martes, 8 de marzo de 2016


Diseccionando un cazón



                            ------------->Só necesitamos un cazón, tixeiras, un bisturí e unhas pinzas<------------------




  ·En primeiro lugar podemos observar a boca, os orificios nasais ou o espiráculo e as aperturas branquiais. Tamén podemos mirar as aletas dorsais, caudal, anal, pectoral...



Fígado
 ·A continuación abrímolo lonxitudinalmente, con coidado de non perforar os órganos e observámolos:
    • FÍGADO, moi grande e rico en aceites (aumenta a flotabilidade).
    • VESÍCULA BILIAR, aparece o levantar o lóbulo esquerdo do fígado.
    • BAZO, de cor vermello, puntiagudo, no extremo do estómago.
    • ESTÓMAGO, diferenciase moi ben unha rexión moi ancha (rexión cárdica) dunha rexión moito máis estreita (rexión pilórica). Abrir a rexíon cárdica e observar os pregues da cara interna do estómago. Non se diferenza o tránsito esófago-estómago.
    • PÁNCREAS: órgano moi estreito, lobulado, entre o estómago e o intestino.


         INTESTINO: Non diseccionar. Vése moi ben a válvula espiral.

        ---->Posteriormente, separamos os órganos para observalos mellor. 
        Podemos abrir o estómago é adivinar cal foi a última comida do noso cazón. Tamén encontraremos un tipo de parásitos que habitan no seu estómago.
        --->Proseguimos a disección e continuamos abríndolo con moito coidado ata atopar o corazón:

    ---->Logo, realizamos un corte do seu cráneo como se ve na foto, para topar así as fosas nasais e a masa encefálica: 
      

    E disección realizada!!! C:




     --------------------------------------->Gaila Comesaña, Berea Rodríguez e Belén Larrán<-------------------------------------------