lunes, 27 de mayo de 2019

Apúntate á compostaxe.



Dentro do programa Revitaliza, asisitimos a unha charla  sobre a xestión dos residuos, e de como podemos contribuir a reducir  a cantidade que xeramos , utilizando a parte orgánica para facer compost.


viernes, 24 de mayo de 2019

Disección de un encéfalo de vaca



Disección dun encéfalo e dun ollo de vaca

Da visita ó mercado que fixeron os nosos compañeiros, trouxeron   cranios de vaca, coello, polo e cordeiro. Aproveitamos para facer a disección do da vaca. Non foi fácil extraelo sen rompelo, é pesadísimo, pero tras bastante rato o logramos.
Despois, seguindo a información das guias e cos modelos do laboratorio,  identificamos as principais estruturas, comparando tamén as diferenzas cos modelos do cerebro humano. Por último  sacamos os ollos, isto foi o máis laborioso, e diseccionamos un deles. O outro o conservamos en alcohol, xunto co encéfalo e os outros cranios.









Visita ó Centro de investigacións Mariñas de Vigo.



Os alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizamos unha visita  ó  Centro de Investigacións Mariñas de Vigo.
Foi moi interesante, primeiro nos explicaron   a organización e as diferentes liñas de investigación. Despois nos separamos en dous grupos e visitamos varios departamentos, como o de reciclado de residuos da pesca, o de pigmentos en oceanografía, ou o de acuicultura, onde puidemos observar os tanques de cultivo e os  acuarios dos cabaliños de mar.









lunes, 20 de mayo de 2019

As escamas dos peixes




Co material que recollimos na saída ó mercado, fixemos un estudio sobre os diferentes tipos de escamas dos peixes.
Primeiro houbo que separalas  unha por unha, que  non foi fäcil, para despois mirar as diferenzas ó microscopio. Aqui tedes algunhas das fotos:

Escarapota
Escarapota






    
Lubina

Sargo
Xouba
Dorada


Dorada

Como reciclar papel?



Podemos facer o noso papel reciclado. Facendo una pasta con papel usado e secándoo. O reciclado é simplemente o acto de cambiarlle a forma a algo é volverlle a dar un uso para non tiralo o lixo.

O proceso e mais fácil do que pensas!


Materiais necesarios                             
Cubeta con auga,tiras de papel,prensa, batedora,,rolo, trapos, coador, reixas.

  Procedemento

  1. Xuntar papel usado, facer tiras con el é poñelo en auga (un día aproximadamente).
  2. Licuar é colar a pasta de papel.
  3. Prensado.
  4. Secado.




lunes, 13 de mayo de 2019

Visita ás Illas Cíes co grupo Erasmus +

Vos deixamos unha mostra do traballo e as imaxes realizadas durante a visita ás Illas Cíes de alumnos do club de ciencias que tamén participan no programa Erasmus


Padlet con imaxes:



Hecho con Padlet

Videos grabados nas Illas:

Parte 1


Parte 2:

 



Video cun resume das presentacións dos estudos de ecosistemas de alumnos dos catro países do Erasmus: