miércoles, 24 de abril de 2019

Estudio da tensión superficial



No laboratorio fixemos unha serie de experimentos para comprobar unha propiedade da auga, a tensión superficial.
As moléculas de auga non están  separadas,senon unidas por forzas que fan que na superficie estén moi pegadiñas entre sí. E o que permite por exemplo, a algúns animais desprazarse na supercifie.
Nos puxemos a proba a propiedade:






martes, 23 de abril de 2019

Estalactitas de sal

ESTALACTITAS Y ESTALAGMITAS
                 CASERAS

Para realizar o noso experimento, necesitamos dous vasos, un  platito,
fío de algodón, un par de clips, auga e sal, colorantes.
Preparamos unha disolución saturada de sal en auga quente.
Enchemos dous vasos coa solución preparada.

Engadimos unhas pingas de  colorante a cada vaso, de cores diferentes.
poñemos un  platito entre os vasos.
Atamos dous  clips aos extremos dun anaco dun fío de algodón.
Metemos o fío nos dous vasos de maneira que un anaco queda colgando
sobre o prato.
Vemos que a auga cae pinga a pinga sobre o  platito e que se forman cristais
de sal sobre o fío e o  platito. O proceso é moi lento e tarda uns días.
Explicación:
A solución salgada sobe ao longo do fío por capilaridade e cae pinga a pinga
no  platito. A auga da disolución se evapora lentamente, quedando o sal que
forma cristais.
O noso experimento, dependendo das condicións atmosféricas, poden tardar
días en completarse. Se é posible, é mellor realizar o experimento nun verán moi
caluroso, xa que as altas temperaturas favorecen a evaporación.
Así é como se forman as  estalactitas e as estalagmitas na natureza.

  


                  

Xeoda de sal

XEODA EN OVO

Materiais necesarios.

2 ovos.
1 cravo ou similar.
Tesoiras.
1 litro de auga quente.
Recipiente de maís dun litro que poda introducirse no
microondas.
Pegamento de cola.
Colorante de comida da cor que maís te guste.
1 pincel.
Papel de cociña.
Pedra de Alumbre en po.

Instruccións.

1º. Fai  dous buratos aos extremos do ovo.
2º. Vaciaos soprando por un orificio.
3º. Cortar pola metade o ovo cunnha tesoira·
4º. Lavar e secar a casca en mellor estado.
5º. Unta no interior da casca pegamento.
6º. Cubrir as cascas cos pos da pedra de Alumbre.
7º. Disolver removendo catro ou cinco culleradas de
Alumbre nun litro de auga quente con colorante.
8º. Deixa arrefriar a disolución unhas horas e despois
sumerxir as cascas.
9º. Deixa as 24h na disolución.
10º. E xa tes as xeodas.

Chuvia ácida


      Chuvia ácida


Propósito: Con este experimento queremos representar a repercusion da chuvia ácida nunhas follas  e nun par de xices.

Materiais necesarios: Tres xices/ Tres follas, un vaso de auga, un vaso de zumo de limón e un vaso con vinagre.

Procedimiento: O único que debemos facer é colocar un xiz/ folla nun vaso ao que engadimos vinagre ou zumo de limón e observar o que sucede.

Precaucions: ¡NINGUNHA! aunque non o pareza non hai que preocuparse por este experimento.

Explicación:cando introduzcamos un xiz en cada vaso veremos que suceden varias cousas: No vaso de auga non pasara nada pero nos vasos de limon e vinagre empezaremos a ver como salen burbulla  e un pouco de espuma.O primeiro que debemos saber e que o xiz esta formado por carbonato de calcio, ao poñer o xiz no auga,  non sucedera nada. Ao poñer o xiz no vaso de zumo de limon se produce una reaccion acido-base, as burbullas que saen son de dioxido de carbono. que vai liberando a  reaccion. No vaso de vinagre pasarálgo semellante.
Con este experimento podemos comprobar os efectos da chuvia acida sobre os edificios e nas follas.

Escrito por: Nicolás Rodríguez García y Adrián Pérez Rodríguez.

UNGÜENTOS


Os ungüentos son preparacións semi-sólidas feitas con ingredientes vexetais e extractos
aromáticos procedentes de prantas.
Ó contrario das cremas, os ungüentos non conteñen auga.
Os ungüentos úsanse para tratar problemas na pel seca coma a psoriasis e tamén son
usados para os beizos coma un brillo dos beizos.

MATERIAIS:
-cociña eléctrica.
-recipiente grande para ferver ó baño María.
-vaso de precipitados.
-vara de cristal.
-balanza de precisión.
-cera de abella.
-aceite de caléndula ou de améndoa.
-aceite esencial de limón (ou calquer outro tipo de aceite esencial).

PREPARACIÓN:
Nós usamos 70ml de aceite de améndoa e engadimos 5,5 gr de cera de abella.
Colocamos a cera de abella e o aceite de améndoa dentro do vaso de precipitados e
o mantivemos a temperatura constante ata que a cera se derretiu e mesturouse co aceite,
debes removelo ata que quede unha mezcla homoxénea.
Añade 1 ou 2 gotas do tu aceite esencial á mezcla.
Antes de quede que se enfríe,distribúe a mezcla en pequenos recipientes.

Sara e Xandra. 2º ESO.

Crema de Aloe e aguacate



Crema de  Aloe e Aguacate.




Ingredientes:
  • Follas de  Aloe.
  • Aguacate moi maduro.
  • Aceite de oliva ou aceite de bebé.
Instrumentos:
  • Coitelo
  • Culler
  • Batidora
Preparación:
Corta o  aguacate pola metade, retira a  pulpa con axuda dunha culler ou
coitelo.
Corta as follas de Aloe e, quítalle a parte externa, extrae a  pulpa do interior.
Mestura nun recipiente a  pulpa do aguacate co Aloe, engade un chorro de
aceite de oliva, e bate ata lograr unha pasta homoxénea. Podes usar a
 batidora .
Engade ao final unhas pingas de limón (actúan como antioxidante e axuda
a manter a crema).

Gárdaa nun lugar frío para a súa mellor conservación.


Uxía Pérez, Raúl Fernández

lunes, 22 de abril de 2019

Microorganismos nunha pinga de auga



Na semana de visitas dos grupos de Erasmus fixemos una práctica para identificar  microorganismos que se poden atopar en diferentes mostras de auga.
Primeiro recollimos mostras de auga de fontes ou charcas, logo usando os microscopios e diferentes guías, intentamos identificar e fotografiar  os microorganismos. Con algúns non era nada fácil porque se movían moi rápido.

Para facela non se necesita máis que un microscopio , portaobxectos e cubreobxectos  e un contagotas.

Aquí tedes algunas imaxes