martes, 24 de enero de 2023

BOMBAS DE BAÑO

 

Unha das nosas últimas actividades foi elaborar  bombas para o baño. Esta é a nosa receita:

          -Materiais:

           Bicarbonato de sodio 

           Acido cítrico

           Aceite esencial

           Colorante alimentario

            Aerosol con agua 

           Moldes, nos usamos a cubitera do xeo ou os moldes das caixas de bombóns.

        -Procedemento:

             Mesturar 15 gramos de bicarbonato, 7,5 gramos  de acido citrico  e 5 gotas de aceite esencial.           Pulverizar auga (moi pouco) co aerosol, revestir co  film transparente  o molde e encher os ocos coa mestura. Presionar para que compacte e esperar 24 horas para que seque ben.









PROXECTO RECICLAXE


Os alumnos de primeiro da ESO están levando a cabo un proxecto de reciclaxe de papel e plástico que usamos no centro.

Trátase de comprobar que sabemos reciclar ben  e  de asegurarnos de que o estamos facendo.

Comezaron facendo  carteis informativos que dispuxeron polo instituto, despois  colocaron os contedores de papel e plástico, semanalmente recollen e rexistran o contido e ó final o levan os contedores da rúa.








AS ÁRBORES DE NADAL


Unha das actividades deste curso foi  a elaboración  de Árbores de Nadal  e adornos  usando materiais reciclados. Empezamos facendo unha campaña de recollida  de tapóns , botellas e cápsulas de café no instituto,  e diseñando as nosas árbores.

A continuación tedes unhas imaxes do que fixemos:


                     




CREMA HIDRATANTE




No laboratorio elaboramos  as nosas cremas hidratantes, son moi fáciles e rápidas de facer. 
Vos deixamos aquí a receita. 

  • Verte 7g de manteiga de cacao nun recipiente ó baño maría
  •  Engade 7g de vaselina.
  • Quenta a mestura no baño maría ata que  funda.
  • Retira da calor a mestura e remexe durante dous minutos.
  • Simuntaneamente, engade 5 ml de aceite de améndoas. 
  • Por último, engade, se o desexas, unhas gotas de aceite esencial. 
  • Bota a mostra nun vaso e deixaa reposar ata arrefriar.