martes, 29 de enero de 2019

DETERMINACIÓN DO PH

DETERMINACIÓN  DO PH


Realizamos un experimento para determinar o pH de varias mostras de auga. 

Resultado de imagen de tiras colorimétricas

  1. Botamos as distintas mostras de auga nas probetas.
  2. Introducimos en cada probeta unha tira colorimétrica para averiguar  o seu pH e logo comparamos  a  súa cor  coa táboa de referencia.

Resultado de imagen de ph 11


Auga do grifo: pH =7
Auga da depuradora: pH=7
Auga màis vinagre: pH=3
Auga màis amoniaco: pH=11
Auga mineral: pH=7
Auga destilada: pH=6



CONDUTIVIDADE




CONDUTIVIDADE:
Realizamos un experimento no que medimos a condutividade da auga. Para isto utilizamos un aparato chamado condutímetro e seguimos unha serie de pasos:
1. Collemos mostras de auga de distinta procedencia.
2. Logo comprobamos que o condutímetro se atopaba na posición 0-200 microsiemens.
3. Sumerximos o sensor na mostra de auga.
4. O número que aparece no aparato comeza a parpadear, polo que tes que esperar a que pare.Unha vez que para xa che da o dato que precisas.
Os dato que obtivemos foron os seguintes:


                                     ppm                microsiemens

Grifo                               45                         0.90
Font Vella                       250                       500
Mondariz                       132                        264
Froiz                               23                          46
Agua destilada               0000                      0000
Depuradora                    414                        828

Fixádevos a cantidade de sales que ten algunha auga.

miércoles, 23 de enero de 2019

Sistema Sol-Terra-Lúa e a cara oculta da Lúa

 Sistema Sol-Terra-Lúa e a cara oculta da Lúa


As alumnas e alumnos de 1º de ESO do club construimos un modelo 2D para simular o movemento do sistema Sol - Terra - Lúa e os movementos de rotación e traslación destes astros. Co modelo tratamos de responder ás preguntas:
¿Ten a Lúa un movememto de rotación? ¿Por qué hai unha cara oculta na Lúa?











martes, 22 de enero de 2019

Análise nutricional: contido en azucre e graxas das chucherías.




Analizamos o contido en graxas e azucres das chucherías que comemos nos recreos, comparando cos dun sobre de azucre ou un paquetiño de manteiga.

Haberá que pensalo dúas veces antes de elixir a merenda!!