viernes, 28 de junio de 2019

Depuradora ecolóxica



Montamos a depuradora na parte trasera do instituto, tivemos que traballar duro porque o primeiro paso foi facer o burato, despois o cubrimos para que a auga non se filtre,
e  unha vez  unha vez elixidas as plantas adecuadas, engadimos a auga.




Montando microscopios



Montamos microscopios moi sinxelos, que se poden utilizar co móbil, resultan moi fáciles de usar e incluso podes facer fotos das preparacións.
Aquí tedes  imaxes na feira de proxectos.

Xogando coa tecnoloxía



Aquí vos deixamos imaxes dalgúns dos proxectos: 

O circuito cos robots que montamos para o concurso da universidade, o noso brazo robot, un lanzador de pompas de xabón, e o noso produto estrela: un dron que probamos o día da exposición  de proxectos, éxito total!!




Pontes con palliñas


Construimos modelos de pontes unindo  palliñas formando triángulos. Despois fixemos as probas de carga para comprobar cal era  a estrutura mais resistente.

Resistencias eléctricas


Nesta práctica aprendimos  a identificar resistencias usando o código de cores,  e usando o polímetro,  comprobar o seu valor real.

sábado, 15 de junio de 2019

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS 2019



Vos presentamos un resumo fotográfico da exposición dos traballos do Club realizada durante a feira de proxectos do noso instituto, celebrada o 4 de xuño.


lunes, 10 de junio de 2019

Xogos en Scratch

 Xogando co medioambiente: xogos en Scratch

Alumnos de 3º ESO do Club realizaron varios xogos en Scratch para fomentar o respecto ao medioambiente, os ecosistemas e o consumo responsable de auga.

Vos deixamos algúns exemplos para que xoguedes:

Xogo da gota de auga: Consegue estrelas e sube de nivel

Xogo da Terra : Salva á Terra dándolle auga e evitando as nubes radioactivas