lunes, 25 de marzo de 2019

Proxecto Hidroescolas




Este curso  seguimos colaborando co proxecto Hidroescolas, que levan a cabo científicos do Instituto de Investigacións Mariñas, e que pretende  identificar as descargas de augas subterráneas na nosa ría, así como determinar o seu impacto. 

                                       Estes son os puntos de recollida na primeira entrega: 





Fixemos a segunda  recollida de mostras de auga dos nosos pozos, e participamos nun taller sobre o problema da acidificación dos océanos,  dirixido por dous destes investigadores. Comprobamos no laboratorio o  papel do  CO2  no  cambio do pH da auga, e os  seus efectos sobre   a vida mariña.





martes, 19 de marzo de 2019

Xogando coa luz

Propiedades da luz cun punteiro láser



Cun punteiro láser pódense realizar muiltitude de experiemtos coa luz. Un grupo de alumnos e alumnas do Club empregamos un punteiro de luz vermella para:

- Observar a traxectoria rectilínea da luz
- Reflectir a luz nun espello e rodear obstáculos
- Reflectir luz blanca e luz vermella na superficie dun CD e observar a difracción e dispersión da luz.



Tamén empregamos polarizadores e observamos a pantalla polarizada dun teléfono móvil, e como afecta á transmisión da luz




lunes, 4 de marzo de 2019

Clasificación de plásticos



Clasificación de plásticos

No laboratorio clasificamos os diferentes tipos de plásticos recollidos na saída a praia  de Patos según as súas propiedades.