sábado, 25 de mayo de 2024

CinVigo


TARDE DE CIENCIAS

As alumnas Alba, Irene e Ana de 3º da ESO participamos a finais do mes de abril na feira científica CinVigo organizado por CINBIO.







O noso proxecto consistía en analizar o efecto invernadoiro de diversos gases da atmosfera. Para iso xeramos atmosferas en distintos matraces e lles aplicamos a todas un calor uniforme, analizando ao paso do tempo como evolucionaba a temperatura. Coa nosa comparativa concluímos que en atmosferas cargadas con gases como o dióxido de carbono, o metano ou o vapor de auga, pódese apreciar un aumento da temperatura moito maior que se non están presentes; confirmando así o seu efecto invernadoiro.

No noso posto parouse moita xente, nenos e maiores. Puideron experimentar connosco e foi unha experiencia moi divertida. Viva o CinVigo!!!!!




















No hay comentarios:

Publicar un comentario