sábado, 25 de mayo de 2024

Biomateriais

Fabricamos plástico a partir de Kombucha


Neste proxecto fabricamos materiais empregando organismos vivos, unha práctica habitual no campo da biotecnoloxía. Concretamente empregamos o SCOBY da Kombucha para fabricar láminas de plástico.

O SCOBY é unha colonia de organismos que contén bacterias e lévedos. Os lévedos son fungos microscópicos unicelulares que se empregan para facer pan, cerveza, viño… son moi empregados porque teñen a capacidade de levar a cabo un proceso que se chama fermentación. A fermentación consiste en empregar unha fonte de alimento, como pode ser un azucre, e degradar esa fonte a moléculas máis sinxelas, como pode ser alcol.

Para fabricar Kombucha, os organismos fermentadores do SCOBY empregan o té verde como fonte de alimento para a fermentación e producen unha bebida alcólica, pero como o proceso da fermentación é tan eficiente o alcol consúmese na súa totalidade.

No caso deste plástico, como resultado da fabricación de Kombucha tamén se fabrica celulosa, que se deixamos reposar durante unhas semanas acaba producindo unha película fina que é o noso plástico.

Moitas gracias a Patricia, alumna en prácticas do Máster de Educación na UVigo por traernos e axudarnos a realizar este proxecto tan innovador e divertido!!!















No hay comentarios:

Publicar un comentario