sábado, 25 de mayo de 2024

Fabricando xabón

Neste proxecto levamos a cabo a fabricación de xabón empregando aceite e sosa cáustica (unha substancia corrosiva que se emprega como desatascador entre outras cousas). Trátase dunha técnica tradicional, que empregan nos pobos dende sempre coa graxa que se obtén dos produtos animais.




O proceso polo que ten lugar a produción de xabón chámase saponificación, ao reaccionar un lípido (como a graxa do aceite) cunha base fórmase glicerina e varias moléculas de xabón. Para que a reacción vaia máis rápido é recomendable que teña lugar a unha temperatura elevada, por iso mesturámolo nun baño María.



No hay comentarios:

Publicar un comentario