O 27 de maio celebramos a feria de proxectos do centro, cunha participación destacada do alumnado do club.
No seguinte video presentámobos un resumo dos experimentos e proxectos exhibidos durante o día.
Dos alumnos e alumnas do IES de Beade (Vigo)
O 27 de maio celebramos a feria de proxectos do centro, cunha participación destacada do alumnado do club.
No seguinte video presentámobos un resumo dos experimentos e proxectos exhibidos durante o día.
Neste proxecto levamos a cabo a fabricación de xabón empregando aceite e sosa cáustica (unha substancia corrosiva que se emprega como desatascador entre outras cousas). Trátase dunha técnica tradicional, que empregan nos pobos dende sempre coa graxa que se obtén dos produtos animais.
O proceso polo que
ten lugar a produción de xabón chámase saponificación, ao reaccionar un lípido
(como a graxa do aceite) cunha base fórmase glicerina e varias moléculas de
xabón. Para que a reacción
vaia máis rápido é recomendable que teña lugar a unha temperatura elevada, por
iso mesturámolo nun baño María.
Neste proxecto fabricamos cremas cunha planta que se chama Aloe Vera. É unha das plantas que tamén plantamos no noso horto, ten unhas follas carnosas, con moito líquido; e que non necesita de ser regada moito, pero si necesita moita luz.
O NOSO HORTO
Os rapaces e rapazas do club de ciencias de 1º da ESO estivemos a traballar ao longo do ano no horto que temos detrás da pista de fútbol.
Construimos ademais un horto “interior” pero que está posto fora, colgado na parede do pabellón. Fixémolo cun palé no que clavamos unhas táboas a modo de fondo. Elaboramos tamén maceteiros con botellas recicladas, no fondo puxemos pedras para mellorar a drenaxe e fixemos buratos na base. Nese horto plantamos herbas aromáticas como ourego, manzanilla, cilantro…
Catro alumnos de 2ºESO do instituto IES de Beade participou na segunda edición do
Cinvigo. Nel presentaron un par de proxectos que realizáronse no colexio polo resto
do alumnado do Club de Ciencias do colexio.
1. Cámaras de Fototrampeo.
No primeiro proxecto que presentamos, explicamos qué é, as partes dunha cámara de
fototrampeo que trouxemos do instituto, logo ensinamos brevemente os videos da cá-
mara de fototrampeo.
2. Pegadas dos animais.
Despois de presentar as cámaras de fototrampeo, proseguimos a presentar sobre as
pegadas dos animais que poidemos coller no monte. Primeiro, ensinamos o proce-
demento para recoller una forma da pegada en escaiola. Logo, ensinamos os que pui-
demos recoller, como por exemplo, una pegada dun xabaril, dun can, dun gato e mais
dun teixugo. Mais adiante, ensinámoslles a nosa guía de pegadas e regalámoslles uns
folletos cunha pequena guía de pegadas e os pasos para sacar unha escaiola dunha pe-
gada.
3. Hotel de insectos.
E por último, o proxecto co que pechamos a nosa presentación, presentamos o noso ho-
tel de insectos, que aínda esta baleiro. Ensinamos os materiais utilizados, como piñas,
paus, ladrillos, etc. Tamén explicámoslles que insectos poderían entrar no hotel de in-
sectos e onde se podería colocar.
4. Código QR.
E ao rematar, ensinámoslle o Código Qr onde nos podería votar.