lunes, 4 de enero de 2016

ANTIBIOGRAMA

O antibiograma é un método que permite analizar a sensibilidade dunha cepa bacteriana a un antibiótico.

Consiste en colocar sobre unha placa de cultivo na que hai unha colonia de bacterias en crecemento, discos impregnados en diferentes antibióticos. Se as bacterias son sensibles non crecerán, e, tras incubalas a 37 grados , aparecen  os halos de inhibición , zonas sen crecemeneto bacteriano.

Posteriormente mídese o diámetro dos halos e , tendo en conta a concentración do antibiótico empregada, pódese saber o grado de sensibilidade desa cepa bacteriana.
Usamos as placas de cultivo con bacterias en crecemento da práctica anterior. Colocamos nelas, coas pinzas,  os discos de papel impregnados no antibiótico
e incubamos as mostras.
Non apareceron halos de inhibición, probablemente a concentración do antibiótico non era a correcta.








Algunhas placas contamináronse con fungos , como a que aparece na foto de cor negra, o que nos permitiu observalos á lupa binocular

No hay comentarios:

Publicar un comentario