martes, 23 de abril de 2019

Crema de Aloe e aguacate



Crema de  Aloe e Aguacate.




Ingredientes:
  • Follas de  Aloe.
  • Aguacate moi maduro.
  • Aceite de oliva ou aceite de bebé.
Instrumentos:
  • Coitelo
  • Culler
  • Batidora
Preparación:
Corta o  aguacate pola metade, retira a  pulpa con axuda dunha culler ou
coitelo.
Corta as follas de Aloe e, quítalle a parte externa, extrae a  pulpa do interior.
Mestura nun recipiente a  pulpa do aguacate co Aloe, engade un chorro de
aceite de oliva, e bate ata lograr unha pasta homoxénea. Podes usar a
 batidora .
Engade ao final unhas pingas de limón (actúan como antioxidante e axuda
a manter a crema).

Gárdaa nun lugar frío para a súa mellor conservación.


Uxía Pérez, Raúl Fernández

lunes, 22 de abril de 2019

Microorganismos nunha pinga de auga



Na semana de visitas dos grupos de Erasmus fixemos una práctica para identificar  microorganismos que se poden atopar en diferentes mostras de auga.
Primeiro recollimos mostras de auga de fontes ou charcas, logo usando os microscopios e diferentes guías, intentamos identificar e fotografiar  os microorganismos. Con algúns non era nada fácil porque se movían moi rápido.

Para facela non se necesita máis que un microscopio , portaobxectos e cubreobxectos  e un contagotas.

Aquí tedes algunas imaxes





lunes, 25 de marzo de 2019

Proxecto Hidroescolas




Este curso  seguimos colaborando co proxecto Hidroescolas, que levan a cabo científicos do Instituto de Investigacións Mariñas, e que pretende  identificar as descargas de augas subterráneas na nosa ría, así como determinar o seu impacto. 

                                       Estes son os puntos de recollida na primeira entrega: 





Fixemos a segunda  recollida de mostras de auga dos nosos pozos, e participamos nun taller sobre o problema da acidificación dos océanos,  dirixido por dous destes investigadores. Comprobamos no laboratorio o  papel do  CO2  no  cambio do pH da auga, e os  seus efectos sobre   a vida mariña.





martes, 19 de marzo de 2019

Xogando coa luz

Propiedades da luz cun punteiro láser



Cun punteiro láser pódense realizar muiltitude de experiemtos coa luz. Un grupo de alumnos e alumnas do Club empregamos un punteiro de luz vermella para:

- Observar a traxectoria rectilínea da luz
- Reflectir a luz nun espello e rodear obstáculos
- Reflectir luz blanca e luz vermella na superficie dun CD e observar a difracción e dispersión da luz.



Tamén empregamos polarizadores e observamos a pantalla polarizada dun teléfono móvil, e como afecta á transmisión da luz




lunes, 4 de marzo de 2019

Clasificación de plásticos



Clasificación de plásticos

No laboratorio clasificamos os diferentes tipos de plásticos recollidos na saída a praia  de Patos según as súas propiedades.





miércoles, 27 de febrero de 2019

Planetario no Club de Ciencias

En Febreiro o alumnado do Club disfrutou dunha sesión de 45 minutos nun planetario portatil, instalado no vestíbulo do centro, no que proxectouse un programa sobre os movementos do ceo diurno e nocturno, as coordenadas celestes e as constelacións





martes, 5 de febrero de 2019

Visita á Depuradora

O alumnado de 3º de ESO do Club de Ciencias visitou á Depuradora do Lagares, onde lles explicaron o seu funcionamento, e o tipo de traballos que desenvolven alí.