miércoles, 1 de julio de 2020

Buscando bacterias e fungos

Os alumnos de 1º ESO quixemos comprobar a presenza de bacterias e fungos ó noso redor. O primeiro foi preparar un medio de cultivo con xelatina, caldo de carne azucre e auga, que botamos en placas de Petri xa fervidas. As tapamos rápido para que non se contaminaran, e o día seguinte sementamos de diferentes formas: deixando algunhas abertas, de mans sucias e limpas, con mostras de auga sucia...Despois aprendemos a diferenciar coa lupa as colonias de bacterias dos fungos Quedou ben comprobado que si había
Tamén quixemos comprobar se o allo impedía o crecemento das bacterias e dos fungos. Sementamos en placas por parellas, unhas con allo e outras non.E o resultado foi diferente, como podedes ver

No hay comentarios:

Publicar un comentario