martes, 7 de marzo de 2017

Barómetro caseiro

Nós fixemos un barómetro caseiro con :
- Un tarro de cristal.
- Unha goma elástica.
- Unha base de madeira ou cartón.
- Unha cartolina.
- Pegamento.
- Un globo.
- Unha palliña.
- Papel milimetrado.

1º Cortamos a parte estreita do globo.
2º Estiramos o resto sobre o burato do tarro.
3º Fixamos coa goma e intentamos que quede ben pechado.
4º Cortamos unha tira de cartolina, dándolle forma de triángulo para que quede de pé, e a fixamos á base.
5º Comprobamos que a palliña está recta e marcamos o punto que sinala na cartolina.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario