Durante este curso volvimos a preparar e plantar vexetais na horta escolar. No vídeo tedes un resumo do noso traballo
Dos alumnos e alumnas do IES de Beade (Vigo)
Durante este curso volvimos a preparar e plantar vexetais na horta escolar. No vídeo tedes un resumo do noso traballo
O 26 d emaio celeborouse a tradicional feira de proxectos no centro, onde varios departamentos e clubs expuseron o seus traballos para explicarllos ao resto de compañeiros e profesores.
Deixámovos unha montaxe con exemplos das aportacións do Club á feira deste ano:
Os pasados 25 e 26 de abril celebrouse no paseo do Naútico de Vigo a VI edición da FEIRA DE CIENCIA NA RÚA CINVIGO, organizada pola Universidade de Vigo.
Nela participaron dous proxectos do Club de Ciencias. O proexto "Recordos Vivos", de alumnado de 4º de ESO, e o proxecto "Paxaros" con alumnos de 2º e 3º de ESO.
Deixámovos a continuación un par de montaxes da nosa experiencia na feira
Na próxima semana comenzará a andaina do Club de Ciencias 25/26
Neste curso teremos varios proxectos, uns relacionados coa astronomía, pois 2026 é o ano onde teremos a grande oportunidade de ver, dende moitos puntos de Galicia, un eclipse total de sol.
Noutros proxectos traballaremos coa robótica e outro estará centrado no estudo dos paxaros nos montes de Beade.
O 27 de maio celebramos a feria de proxectos do centro, cunha participación destacada do alumnado do club.
No seguinte video presentámobos un resumo dos experimentos e proxectos exhibidos durante o día.
Neste proxecto levamos a cabo a fabricación de xabón empregando aceite e sosa cáustica (unha substancia corrosiva que se emprega como desatascador entre outras cousas). Trátase dunha técnica tradicional, que empregan nos pobos dende sempre coa graxa que se obtén dos produtos animais.
O proceso polo que
ten lugar a produción de xabón chámase saponificación, ao reaccionar un lípido
(como a graxa do aceite) cunha base fórmase glicerina e varias moléculas de
xabón. Para que a reacción
vaia máis rápido é recomendable que teña lugar a unha temperatura elevada, por
iso mesturámolo nun baño María.
Neste proxecto fabricamos cremas cunha planta que se chama Aloe Vera. É unha das plantas que tamén plantamos no noso horto, ten unhas follas carnosas, con moito líquido; e que non necesita de ser regada moito, pero si necesita moita luz.