Mostrando entradas con la etiqueta Maker Faire. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maker Faire. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de junio de 2023

IES de Beade no Maker Faire Galicia 2023

 Un grupo de alumnos do Club particupou o día 2 de xuño no MAKER FAIRE 2023 en Santiago na Cidade da Cultura (Gaiás) na xornada adicada os centros educativos .

https://makerfairegalicia.com/proyectos/monta-tu-propio-cultivo-hidroponico-en-casa

O proxecto era MONTA O TEU PROPIO CULTIVO HIDROPÓNICO NA CASA. Foi una experiencia moi interesante para todos , dandonos a oportunidade de ver tamen os proxectos de outros centros de Galicia.

O noso posto.








jueves, 19 de noviembre de 2020

Participación no noso centro nas Xornadas de XuvenCiencia para profesorado e na feria Maker Faire de Galicia

Este venres 20 de novembro, as alumnas de 2º de Bacharelato  Aroa Alonso, Andrea Conde e Ana Groba, van a participar na edición virtual da Maker Faire,

unha feria de ciencias e tecnoloxía a nivel de Galicia, presentando un traballo que fixeron o curso pasado, 2019/20, coa profesora de bioloxía Celia Fernández, sobre a detección de proteínas e outros nutrientes en distintos alimentos. A súa principal motivación era comprobar se as bebidas vexetais tan de moda, chamadas leite de soia, de arroz..., poden ou non considerarse bós substitutos do leite de vaca. 

Estarán en liña de 10:15 á 12:00. Para acceder aos contidos da feira virtual clicade aquí e seguide as instrucións.


Podedes ver á presentación do seu traballo aquí, e un video resumo aquí


Ademáis, Celia participará na tarde do mesmo día na VI Xornada XuvenCiencia para Profesorado, explicando este proxecto, feito coa axuda de Fotometrix, un kit educativo desarrollado por XuvenCiencia, organismo dependente da USC.  A ligazón para asistir ao encontro está aquí: