martes, 5 de abril de 2016



PLANTACIÓN DE CARBALLOS

  PRECISAMOS
  -Landras
   -Terra
   -Testos


   Primeiro enchemos os testos coa terra, introducimos as landras e soterrámolas lixeiramente. Se a landra xa comezou a xerminar, metémola deixando a raíz cara abaixo e o brote cara arriba. 
Repartimos os testos e cada un levou catro para a casa. Coidalos e moi xinxelo. Só tes que deixalos ao aire libre e esperar a que medren. 

Publicado Alejandra y Sara 

Estas son as landras que plantamos nos testos.

martes, 8 de marzo de 2016


Diseccionando un cazón



                            ------------->Só necesitamos un cazón, tixeiras, un bisturí e unhas pinzas<------------------




  ·En primeiro lugar podemos observar a boca, os orificios nasais ou o espiráculo e as aperturas branquiais. Tamén podemos mirar as aletas dorsais, caudal, anal, pectoral...



Fígado
 ·A continuación abrímolo lonxitudinalmente, con coidado de non perforar os órganos e observámolos:
    • FÍGADO, moi grande e rico en aceites (aumenta a flotabilidade).
    • VESÍCULA BILIAR, aparece o levantar o lóbulo esquerdo do fígado.
    • BAZO, de cor vermello, puntiagudo, no extremo do estómago.
    • ESTÓMAGO, diferenciase moi ben unha rexión moi ancha (rexión cárdica) dunha rexión moito máis estreita (rexión pilórica). Abrir a rexíon cárdica e observar os pregues da cara interna do estómago. Non se diferenza o tránsito esófago-estómago.
    • PÁNCREAS: órgano moi estreito, lobulado, entre o estómago e o intestino.


         INTESTINO: Non diseccionar. Vése moi ben a válvula espiral.

        ---->Posteriormente, separamos os órganos para observalos mellor. 
        Podemos abrir o estómago é adivinar cal foi a última comida do noso cazón. Tamén encontraremos un tipo de parásitos que habitan no seu estómago.
        --->Proseguimos a disección e continuamos abríndolo con moito coidado ata atopar o corazón:

    ---->Logo, realizamos un corte do seu cráneo como se ve na foto, para topar así as fosas nasais e a masa encefálica: 
      

    E disección realizada!!! C:




     --------------------------------------->Gaila Comesaña, Berea Rodríguez e Belén Larrán<-------------------------------------------

    viernes, 29 de enero de 2016

    Analizando a idade das árbores










    Cada anel fórmase polo crecemento anual dos tubos do zume bruto. Esta formación prodúcese na primavera, cando son mais claros e no verán, cando son mais oscuros.







    Este carballo tiña mais ou menos 30 anos.
     Nos primeiros anos o crecemento foi menor, pode que o clima fora mais seco e menos soleado ou que houbera moitas plantas ou árbores ó seu redor .
    Nos últimos anos pode ser que o clima fora mais húmido e solleiro ou que talaran arbores preto del, por iso os aneis son mais anchos.
    Tamén  son  maiores na parte do tronco que estaba orientada cara o sur, xa que é a mais soleada.

    martes, 26 de enero de 2016

    A idade das árbores

    Que hai tronco? Chámome Tronco Carballo Do Bosque e teño 19 anos. Como sei os anos que teño? É porque teño 19 aneis. Sei que aparento ser un tronco, pero son unha rama, e oféndeme que me chamen tronco. Non estou tan gordo!


    Os meus aneis son máis ou menos concéntricos, o que quere dicir que as estacións que vivín tiveron similares condicións climáticas, e que o sol dábame por todos os lados por igual.


    Tamén podes preguntarte: Por que teño algúns aneis máis escuros que outros? Pois ben, os máis claros medraron en primavera e os máis escuros, no verán, posto que ao ter menos auga en verán, as miñas capas medran máis apretadas e a cor concéntrase.


    Xa non teño máis que explicar sobre a miña vida, así que despídome. Bo día!


                                                                                  María, Sara, Raquel, Violeta, Edgar e Ana.

    lunes, 4 de enero de 2016

    ANTIBIOGRAMA

    O antibiograma é un método que permite analizar a sensibilidade dunha cepa bacteriana a un antibiótico.

    Consiste en colocar sobre unha placa de cultivo na que hai unha colonia de bacterias en crecemento, discos impregnados en diferentes antibióticos. Se as bacterias son sensibles non crecerán, e, tras incubalas a 37 grados , aparecen  os halos de inhibición , zonas sen crecemeneto bacteriano.

    Posteriormente mídese o diámetro dos halos e , tendo en conta a concentración do antibiótico empregada, pódese saber o grado de sensibilidade desa cepa bacteriana.
    Usamos as placas de cultivo con bacterias en crecemento da práctica anterior. Colocamos nelas, coas pinzas,  os discos de papel impregnados no antibiótico
    e incubamos as mostras.
    Non apareceron halos de inhibición, probablemente a concentración do antibiótico non era a correcta.








    Algunhas placas contamináronse con fungos , como a que aparece na foto de cor negra, o que nos permitiu observalos á lupa binocular


    ANTIBIOGRAMA

    O antibiograma é un método que permite determinar  a sensibilidade dunha cepa bacteriana  ós antibióticos.
    Consiste en colocar discos de diferentes antibióticos sobre o cultivo de bacterias e incubalas a 37grados . Se son sensibles aparecerá, ó cabo duns días,  unha zona ó redor do disco na que non hai crecemento de bacterias, chámase halo de inhibición.
     Mídese entón o diámetro desa zona sen crecemento , e tendo en conta a concentración do antibiótico usada, pódese saber o grado de sensibilidade da cepa bacteriana ó mesmo.

    Usamos as placas de cultivo nas que xa tiñamos colonias de bacterias , feitas nunha práctica anterior. Usando as pinzas distribuimos na superficie da placa  os discos de papel de filtro impregnados no antibiótico e incubamos as placas.




    Algunas das placas contiñan fungos , como a que aparece de cor negra  da imaxe. Aproveitamos para observalos coa lupa binocular



    COMO CULTIVAR BACTERIAS NO LABORATORIO


    O primeiro que fixemos foi preparar o medio de cultivo, utilizando o seguinte material:

    Agar-agar
    Caldo de carne
    Auga
    Placas dePetri

    Tras mesturar os compoñentes e fervelos mais ou menos dez minutos , e unha vez esterilizadas as placas, repartimos o medio nestas.

    O día seguinte o medio xa solidificara. Entón , coas mans sucias (tras manosear diñeiro, as paredes, o chan...), tocamos as placas para contaminalas.  Introducimos as mostras nunha estufa de cultivo e esparamos un par de días.

    Tivemos que facer dous intentos , pero ó final conseguimos que creceran .