Diseccionando un cazón
·En primeiro lugar podemos observar a boca, os orificios nasais ou o espiráculo e as aperturas branquiais. Tamén podemos mirar as aletas dorsais, caudal, anal, pectoral...
Fígado |
-
FÍGADO, moi grande e rico en aceites (aumenta a flotabilidade).
-
VESÍCULA BILIAR, aparece o levantar o lóbulo esquerdo do fígado.
-
BAZO, de cor vermello, puntiagudo, no extremo do estómago.
-
ESTÓMAGO, diferenciase moi ben unha rexión moi ancha (rexión cárdica) dunha rexión moito máis estreita (rexión pilórica). Abrir a rexíon cárdica e observar os pregues da cara interna do estómago. Non se diferenza o tránsito esófago-estómago.
-
PÁNCREAS: órgano moi estreito, lobulado, entre o estómago e o intestino.
INTESTINO: Non diseccionar. Vése moi ben a válvula espiral.---->Posteriormente, separamos os órganos para observalos mellor.Podemos abrir o estómago é adivinar cal foi a última comida do noso cazón. Tamén encontraremos un tipo de parásitos que habitan no seu estómago.--->Proseguimos a disección e continuamos abríndolo con moito coidado ata atopar o corazón:
---->Logo, realizamos un corte do seu cráneo como se ve na foto, para topar así as fosas nasais e a masa encefálica:
E disección realizada!!! C:
--------------------------------------->Gaila Comesaña, Berea Rodríguez e Belén Larrán<-------------------------------------------
No hay comentarios:
Publicar un comentario