viernes, 29 de enero de 2016
Analizando a idade das árbores
Cada anel fórmase polo crecemento anual dos tubos do zume bruto. Esta formación prodúcese na primavera, cando son mais claros e no verán, cando son mais oscuros.
Este carballo tiña mais ou menos 30 anos.
Nos primeiros anos o crecemento foi menor, pode que o clima fora mais seco e menos soleado ou que houbera moitas plantas ou árbores ó seu redor .
Nos últimos anos pode ser que o clima fora mais húmido e solleiro ou que talaran arbores preto del, por iso os aneis son mais anchos.
Tamén son maiores na parte do tronco que estaba orientada cara o sur, xa que é a mais soleada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario