lunes, 4 de enero de 2016
ANTIBIOGRAMA
O antibiograma é un método que permite determinar a sensibilidade dunha cepa bacteriana ós antibióticos.
Consiste en colocar discos de diferentes antibióticos sobre o cultivo de bacterias e incubalas a 37grados . Se son sensibles aparecerá, ó cabo duns días, unha zona ó redor do disco na que non hai crecemento de bacterias, chámase halo de inhibición.
Mídese entón o diámetro desa zona sen crecemento , e tendo en conta a concentración do antibiótico usada, pódese saber o grado de sensibilidade da cepa bacteriana ó mesmo.
Usamos as placas de cultivo nas que xa tiñamos colonias de bacterias , feitas nunha práctica anterior. Usando as pinzas distribuimos na superficie da placa os discos de papel de filtro impregnados no antibiótico e incubamos as placas.
Algunas das placas contiñan fungos , como a que aparece de cor negra da imaxe. Aproveitamos para observalos coa lupa binocular
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario