lunes, 20 de junio de 2016

Estudio das flores dos piñeiros



ESTUDIO DAS FLORES DOS PIÑEIROS

Tivemos que esperar á primavera para ver as flores.
As  masculinas sempre aparecen na parte baixa, ó principio teñen cor marrón , pero despois xa se volven amárelas  por o pole .
As femininas aparecen nas partes máis altas , son como espigas que acaban en tres piñitas pequenas.Colócanse así para recibir o pole doutros piñeiros, porque a polinización é por vento.
Cando pasa un ano as flores femininas transfórmanse en piñas e , outro ano máis tarde as sementes,piñóns xa estarán maduros. 
Aquí  tedes  o cartel que deseñamos para a exposición e as flores
Estas son as femininas
 E as masculinas

domingo, 5 de junio de 2016

Exposición Club de Ciencias 2016


Aquí vos deixamos un video resumo da exposición das actividades do Club deste curso. Parabéns a todas e todos polo grandísimo traballo realizado. E unha grande aperta para as/os profes Celia, Dolores, Yago e Esther!








martes, 3 de mayo de 2016

BUGALLOS DOS CARBALLOS




Os bugallos son  estruturas provocadas por parásitos, é a resposta do vexetal á presenza de parásitos, como por exemplo insectos.A planta intenta illarse facendo crecer capas ó seu redor. Normalmente se forman nas follas ou nas ramas.

Moitas veces, no caso dos carballos os producen unhas avespas , estas encontran un lugar para que se desenvolvan ás súas larvas,protexidas e con alimento. Cando xa creceron, saen ó exterior e deixan un buratiño por donde entran moitas veces outros organismos como as formigas .


 Estas da foto son alguns dos que recollemos nos carballos que medran cerca do noso instituto e que abrimos no laboratorio.




martes, 26 de abril de 2016


 ANALISE DE ETIQUETAS 


DE APERITIVOS E CHUCHES



Análise de diferentes etiquetas de productos que podemos consumir.

Imos analizar as etiquetas dos alimentos mirando a súa composición e fixándonos en:

1.Hidratos de carbono ou glúcidos dos cales:
 
Una parte serán azúcares e o resto fariñas ou almidón (pataca)
 
·azúcares :

·Para que sexa máis visual imos igualar os azúcares co seu valor en azucarillos (7 gr de 
azúcar)
 
·fariñas, …

 ·O resto dos glúcidos con fariña de trigo.

2. Grasas ou lípidos:


Saturadas: a maioria de orixen animal, imos a comparalas con dosis de mantequilla de 
10 gr cada una.

Insaturadas: deben ser vexetales, imonos fixar se teñen aceites vexetales de: xirasol ou complexos como de palma.

3. Proteinas:
Comparamos con unha lata de bonito de aproximadamente 20 gr ou en lentellas.

4. Sal: con sal en peso

5. Tamén imos ver os conservantes, colorantes e estabilizantes que teñen.




CREMAS DE ALOE Y AGUACATE

1º paso:
Cortar el aguacate por el medio y retirar la pulpa, hacemos lo mismo con el aloe.

2º paso:
Mezclamos el aguacate con el aloe y agregamos un chorro de aceite de oliva o aceite de bebes.
 
3º paso:
Solo queda aplicarse la crema y esperar 15-20 minutos. 





 



                 Tamén fixemos mascarillas con aloe y limón.