martes, 3 de mayo de 2016
BUGALLOS DOS CARBALLOS
Os bugallos son estruturas provocadas por parásitos, é a resposta do vexetal á presenza de parásitos, como por exemplo insectos.A planta intenta illarse facendo crecer capas ó seu redor. Normalmente se forman nas follas ou nas ramas.
Moitas veces, no caso dos carballos os producen unhas avespas , estas encontran un lugar para que se desenvolvan ás súas larvas,protexidas e con alimento. Cando xa creceron, saen ó exterior e deixan un buratiño por donde entran moitas veces outros organismos como as formigas .
Estas da foto son alguns dos que recollemos nos carballos que medran cerca do noso instituto e que abrimos no laboratorio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario