viernes, 22 de julio de 2016
Premio SGAPEIO 2016
Parabéns ás catro alumnas do club de ciencias (Antía, Emilia, Gabriela e Noa) que gañaron a VI edición do concurso INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMIENTOS organizado pola Sociedade Galega de Estatística, na categoría de 1º-2º de ESO.
Aquí tendes unha ligazón ao traballo presentado, de título Te alimentas ben :) ?
e que analizaron os hábitos de alimentación e saúde dos alumnos do noso instituto.
De premio recibion unha tableta cada unha.
E ademais, viaxaron a Badajoz a participar na fase nacional
jueves, 23 de junio de 2016
EXPOSICIÓN DE CARTEIS
Xa rematados, colocamos a exposición no corredor da área de ciencias .
E aqui tedes o resultado final.
ESTUDIO DUN SOLO
O solo fórmase a partir das rochas, a medida
que estas se van erosionando pola chuvia, as raices das árbores que as van rompendo, e tamén os animais que
viven dentro del como as miñocas, as toupeiras, que axudan a mantelo.Teñen que
pasar miles de anos para formar o solo fértil donde poder cultivar .
Un solo ben formado ten varias capas , na
superficie están os restos de follas e outros seres vivos, por debaixo a capa
de materia orgánica, despois materia mineral e xa por último a rocha da que se
orixinou.
A primeira é moi importante para a vida ,
necesita manter a vexetación
para non perderse .
Fixemos unha análise de dúas mostras, unha que collemos nas saídas e outra dun xardín .
Separamos con cribas as partículas para ver os
diferentes tamaños .
Despois volvemos a mesturar todo engadindo auga e o pasamos a dúas probetas , nas que podemos ver como se colocan as diferentes capas .
lunes, 20 de junio de 2016
O noso monte e os incendios forestais
Ó longo do curso fomos
diseñando carteis das actividades que facíamos
e da información recolllida, aquí están
, esperamos que vos gusten.
Herbario
Aproveitando o bo tempo ,
saímos a recoller plantas con flor para despois clasificalas e facer un herbario. Collimos moitas, das que
non sabíamos os nomes, pero sí que coñecíamos algunhas de xogar con elas a
explotalas ,as de cor violeta da foto, e tamén coñecíamos os toxos claro.
No laboratorio fixemos primeiro a identificación usando guías.
E despois as prensamos
Cada dous días cmbiabamos os papeis . O resultado foi o seguinte:
O monte vivo na exposición de proxectos
A finais de maio participamos na exposición de
proxectos do centro,eliximos tres dos traballos que xa tíñamos feitos . Durante
día e medio estivemos explicando o noso traballo ós grupos de alumnos que a
visitaban por quendas, e ós profesores e pais que tamén se achegaron .
Fixemos
un concurso con preguntas acerca dos contidos que tiñan que
contestar, sobre os bugallos, os aneis de crecemento e a información que poden
darnos,e outras, o premio eran chuches.
Foi moi divertido.
Como se ve nas fotos colocamos algúns dos
carballos da nosa plantación, que ademais ó pouco de botar a folla, apareceu
nelas un fungo. Buscamos información, era o oidium, por iso puxemos un par de
lupas, para que a xente os puidera ver mellor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












































