jueves, 23 de junio de 2016

ESTUDIO DUN SOLO





O solo fórmase a partir das rochas, a medida que estas se van erosionando pola chuvia, as raices das árbores  que as van rompendo, e tamén os animais que viven dentro del como as miñocas, as toupeiras, que axudan a mantelo.Teñen que pasar miles de anos para formar o solo fértil donde poder cultivar .
Un solo ben formado ten varias capas , na superficie están os restos de follas e outros seres vivos, por debaixo a capa de materia orgánica, despois materia mineral e xa por último a rocha da que se orixinou.
A primeira é moi importante para a vida  ,  necesita   manter a vexetación para non perderse  . 

Fixemos unha análise de dúas mostras, unha  que collemos nas saídas  e outra dun xardín .




Separamos con cribas as partículas para ver os diferentes tamaños .


Despois  volvemos a mesturar todo engadindo auga e o pasamos a dúas probetas , nas que podemos ver como se colocan as diferentes capas . 




No hay comentarios:

Publicar un comentario