lunes, 20 de junio de 2016

O monte vivo na exposición de proxectos




 


A finais de maio participamos na exposición de proxectos do centro,eliximos tres dos traballos que xa tíñamos feitos . Durante día e medio estivemos explicando o noso traballo ós grupos de alumnos que a visitaban por quendas, e ós profesores e pais que tamén se achegaron . 
Fixemos un concurso con   preguntas acerca dos contidos que tiñan que contestar, sobre os bugallos, os aneis de crecemento e a información que poden darnos,e outras,  o premio eran chuches. Foi moi divertido.
Como se ve nas fotos colocamos algúns dos carballos da nosa plantación, que ademais ó pouco de botar a folla, apareceu nelas un fungo. Buscamos información, era o oidium, por iso puxemos un par de lupas, para que a xente os puidera ver mellor.




No hay comentarios:

Publicar un comentario