Forno
solar
Lugares:
Aula de tecnoloxía, aula de informática e aula de plástica.Materiais:
Madeira, poli-expan, cristal, chapa metálica, espello, papeis de xornal.Ferramentas:
Caladora,
escofinas, martelo, cravos, metro parafuso e cola.
PROCESO
O primeiro
día o que buscamos en Internet como era un forno solar, como o
podíamos facelo e fixemos un bosquexo do forno solar. Tamén
elixirmos os materiais, entre todos/as.
O martes seguinte trouxemos os
materiais e empezamos a facer o forno: marcamos a madeira e a
cortamos para facer a caixa interior xa que o forno solar consta de
varias partes, a caixa interior onde se cociña o alimento e unha
caixa exterior que sirve para illar o calor.
A semana seguinte rematamos de
facer a caixa interior, unímola con cravos e uns poucos parafusos.
Tivemos un fallo técnico, e a unimos mal, porque tiñamos que facer
un rectángulo con catro lados de 90º, pero nos quedou un trapecio.
Ao día seguinte, mentres unha
parte do grupo facía a caixa exterior, o outro cortaba o poli-expan
para meter na cámara de aire. Para facer a caixa exterior tivemos
que medir a madeira e cortala coa caladora. Despois de ter toda a
madeira preparada montamos a caixa exterior con cravos, parafusos e
silicona.
O último día pintamos a
caixa mentres outros pegaban o espello na parte superior da caixa,
mentres o cola de contacto secaba o resto pintamos a caixa e fixemos
a tapa de cristal.
COMPOÑENTES DO GRUPO
Samuel, David, Uxía, Mario,
Xandra, Sandra, Cristian, Nicolas, Gabriel, Sara, Raúl, Cristian
Luis, Javier.
No hay comentarios:
Publicar un comentario