martes, 4 de diciembre de 2018

Depuración de auga.



Para elaborar a nosa depuradora caseira necesitamos:
Unha botella  de plástico como as de Coca Cola ou auga mineral, unhas tesoiras, un coador de cociña, dous vasos grandes, terra, restos de follas,  auga, un anaco  de tea, gasas, algodón, area, pedras e carbón vexetal.

Pasos a seguir:
1 .  Quita o tapón da botella e córtala  pola metade máis ou menos.
2.   Coloca a metade superior da botella boca abaixo, introduce nel os materiais que nos van a servir de filtro na seguinte orde desde a zona do tapón cara arriba:  algodón, pedras, area, carbón, tea e gasas. Apoia a estrutura sobre un dos vasos.
3.   Na metade inferior da botella , mestura a auga cos sólidos e  revolve.
4.  Verte a mestura nun vaso, pasándoa  a través do coador.
5.   Deixa reposar. A terra irá  decantando no fondo, por encima queda a auga sucia  que queremos depurar.
6. Verte pouco a pouco o liquido na depuradora con coidado,  para que pase a través dos filtros.
7 . Espera  un anaco. Fíxate no líquido recollido, compara coa mostra inicial.

Fixemos tres diferentes, unha delas apenas filtrou a mostra, seguramente porque vertemos mal a auga.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario