O dia 23 de outubro vistamos o ecosistema da praia de patos, estivemos toda a mañá buscando animais que non coñeciamos entre as rocas desa praia. Disfrutamos moito, incluso houbo un rapaz que se meteu na auga, pero o máis importante é todos os aniamais novos que atopamos...
martes, 18 de diciembre de 2018
SAIDA A PRAIA DE PATOS
Forno solar
Forno
solar
Lugares:
Aula de tecnoloxía, aula de informática e aula de plástica.Materiais:
Madeira, poli-expan, cristal, chapa metálica, espello, papeis de xornal.Ferramentas:
Caladora,
escofinas, martelo, cravos, metro parafuso e cola.
PROCESO
O primeiro
día o que buscamos en Internet como era un forno solar, como o
podíamos facelo e fixemos un bosquexo do forno solar. Tamén
elixirmos os materiais, entre todos/as.
O martes seguinte trouxemos os
materiais e empezamos a facer o forno: marcamos a madeira e a
cortamos para facer a caixa interior xa que o forno solar consta de
varias partes, a caixa interior onde se cociña o alimento e unha
caixa exterior que sirve para illar o calor.
A semana seguinte rematamos de
facer a caixa interior, unímola con cravos e uns poucos parafusos.
Tivemos un fallo técnico, e a unimos mal, porque tiñamos que facer
un rectángulo con catro lados de 90º, pero nos quedou un trapecio.
Ao día seguinte, mentres unha
parte do grupo facía a caixa exterior, o outro cortaba o poli-expan
para meter na cámara de aire. Para facer a caixa exterior tivemos
que medir a madeira e cortala coa caladora. Despois de ter toda a
madeira preparada montamos a caixa exterior con cravos, parafusos e
silicona.
O último día pintamos a
caixa mentres outros pegaban o espello na parte superior da caixa,
mentres o cola de contacto secaba o resto pintamos a caixa e fixemos
a tapa de cristal.
COMPOÑENTES DO GRUPO
Samuel, David, Uxía, Mario,
Xandra, Sandra, Cristian, Nicolas, Gabriel, Sara, Raúl, Cristian
Luis, Javier.
martes, 11 de diciembre de 2018
martes, 4 de diciembre de 2018
Depuración de auga.
Para elaborar a nosa depuradora caseira necesitamos:
Unha botella de plástico como as de Coca Cola ou auga mineral, unhas tesoiras, un coador de cociña, dous vasos grandes, terra, restos de follas, auga, un anaco de tea, gasas, algodón, area, pedras e carbón vexetal.
Pasos a seguir:
1 . Quita o tapón da botella e córtala pola metade máis ou menos.
2. Coloca a metade superior da botella boca abaixo, introduce nel os materiais que nos van a servir de filtro na seguinte orde desde a zona do tapón cara arriba: algodón, pedras, area, carbón, tea e gasas. Apoia a estrutura sobre un dos vasos.
3. Na metade inferior da botella , mestura a auga cos sólidos e revolve.
4. Verte a mestura nun vaso, pasándoa a través do coador.
5. Deixa reposar. A terra irá decantando no fondo, por encima queda a auga sucia que queremos depurar.
6. Verte pouco a pouco o liquido na depuradora con coidado, para que pase a través dos filtros.
7 . Espera un anaco. Fíxate no líquido recollido, compara coa mostra inicial.
Fixemos tres diferentes, unha delas apenas filtrou a mostra, seguramente porque vertemos mal a auga.
lunes, 3 de diciembre de 2018
As cores das estrelas e modelos 3D de constelacións
As cores das estrelas e modelos 3D de constelacións
Os alumnos de 2º de ESO do club de ciencias fixemos uns modelos en 3 dimensións de algunhas constelacións, para comprobar que a forma das constelacións depende do lugar dende que as vexas, pois as estrelas dunha mesma constelación non están todas á mesma distancia.
Ademais, buscando a temperatura e o brilo de cada estrela, as colocamos nun diagrama HR, para ver de que cor son. Vimos que a cor depende sobre todo da temperatura da estrela. As máis squentes son azuis, as máis frías vermellas ou laranxas
Na exposición de fin de curso explicamos o feito aos compañeiros e alumnos de 6º de primaria que viñeron visitar o centro:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)