martes, 3 de noviembre de 2015

Colorante natural ou artificial? Emilia y Noa.

Imos averiguar o tipo de colorante que ten unha gominola. Artificial ou natural?
 -Artificial: obtido por síntese química.
 -Natural: obtido directamente de alimentos ou seres vivos.

Para comprobalo precisas:
 -Gominolas
 -Auga 
 -La de ovella natural
 - Disolución diluída de hidróxido amónico
 -Fio
 -Vaso de precipitados
 -Trípode con reixa
 -Mecheiro de alcohol

Procedimiento:
  Se a gominola é líquida, bota 50ml nun vaso de precipitados.
 Se é sólida cortaa en pequenos anacos e introdúcea nun vaso de precipitados e cúbreo con 50ml de auga para diluíla.
  2ºCorta un anaco de la de ovella bastante longo e átao cun fio para agarralo fácilmente. Colocaa no vaso de precipitados xunto coa preparacion realizada anteriormente en un trípode cunha reixa e quéntao deixándoo ferver durante 3 min. 
  Saca a la cando estea completamente tinguida, lavaa a man baixo a billa. Pola noutro vaso de precipitados con 50ml de disolución líquida de hidróxido amónico e deixa ferver durante 2 minutos.

CONCLUSIÓN: Se a la perde a cor, o colorante é artificial. Se non se decolora, significa que é un colorante natural.
 
 

1 comentario: