POR QUE DECORAMOS ASÍ A NOSA MOLÉCULA DE ADN?
Os seres míticos, por pura lóxica, teñen que ter tamén ADN. Ou, como se non, ía o poderoso dragón pasar á súa magnificencia e os seus flamíxeros esputos á súa descendencia? E os grifos deben ter ADN de león ao mesmo que de aguia, non si? É pura lóxica.
Pois partindo desta premisa, e con alma de poetas eliximos os anxos e os demos. Antagonistas épicos da mitoloxía cristiá son, sen embargo, complementarios na súa diferenza. Os anxos, a personificación do ben e da xustiza, non existirían, ou a súa existencia sería fútil e vacua, sen os demos, malvados e perversos castigadores. E viceversa, obviamente. Pois, pois, pois mirade se somos listos coma allos e poéticos que nin Lorca, que esta fermosa interdependencia entre anxos e demos a trasladamos e a trazamos como metáfora para referirnos á complementariedade de bases das dúas cadeas complementarias e antiparalelas de ADN. Oh, que fermoso. Deixando de lado o da maldade e o da bondade, a piedade e a vinganza e demais detalles épicos que lle dan emoción á historia das orixes e dos demos pero poderían inducir ao erro no noso caso, a bíblica dualidade cae como unha luva para a complementariedade das dúas cadeas de ADN. Fermoso.
E seguimos decorando, e é que as bases nitroxenadas do ADN non forman a cadea por si soas, senón que forman nucleótidos xunto a pentosa desoxirribosa e un ácido fosfórico. E os nosos anxos e demos van vivir nun Universo onde habitarán as fermosas estrelas que son as pentosas e os cometas que son os fosfatos, poetizando inda máis o poetizado e creando un máxico mundo nunha cadea de ADN. Agora pensade nas vosas células e imaxinade un Universo enteiro, con anxos e demos habitando estrelas e cometas, complementándose entre si. Literalmente, tedes o Universo no corazón, na palma da man, no voso interior.
LENDA:
Adenina – Anxo
Guanina – Demo
Citosina – Ás
Timina – Tridente
Pentosa – Estrela
Ácido fosfórico – Cometa
No hay comentarios:
Publicar un comentario