jueves, 16 de abril de 2015

novos retos do ADN

Extracción do ADN  empregando unha froita


Extracción de ADN dun melón

Introdución

O ADN é a molécula onde se garda a información xenética dos seres vivos, Tamén controla as funcións vitais de todas as células, polo tanto, cada unha ten no seu núcleo ADN en forma de cromatina. Para poder visualizar este ADN no laboratorio, temos que extraer os seus filamentos do interior de cada núcleo, ademais de separalo do resto dos compoñentes celulares, como proteínas, lípidos, etc.

Fundamento

A continuación, observaremos detalladamente como se realiza esta extracción a través de distintos procesos físicos e químicos:

  • Físicos:
  1. Bater mecanicamente, empregase para romper as células.
  2. A froita cóllese conxelada xa que así é máis fácil de romper có batedor.


  • Químicos:
  1. O lavalouzas é un xabón e, polo tanto, empregámolo para emulsionar (romper) a parte lipídica das membranas celulares .
  2. A sal axuda a neutralizar a carga dos ións fosfatos do ADN.
  3. O líquido das lentes de contacto é un proteolítico .
  4. O alcohol axuda a desenrolar e manter desenroladas a moléculas de ADN.
Material
  • Un melón
  • Deterxente de lavalouzas
  • Unha variña de vidro
  • Sal (NaCl)
  • Auga destilada
  • Microscopio
  • Probeta
  • Líquido de lentes de contacto
  • Batedor
  • Alcohol de 96º
  • Coador metálico
  • Agulla de cultivo
  • Recipientes

Métodos ou técnica da práctica

  1. Cortar un anaco de melón e machucalo, é preferible que esté frío ou conxelado para que rompa facilmente.
  2. Preparar unha solución tampón:
    200ml de auga destilada máis tres culleradas de deterxente de lavalouzas e unha de sal.
  3. Meter a froita no batedor, mesturala coa solución tampón e bater a impulsos de aproximadamente 10 segundos.
  4. Filtrar o resultante empregando o coador.
  5. O líquido que resultante, pásase a unha probeta.


  1. Engadir un chorro de líquido de lentes de contacto e mesturalo todo.
  2. Engadir 50ml de alcohol, co fin de que o ADN se desenrole e se deposite na interfase entre o alcohol e a auga. Realízase moi coidadosamente facéndoo esvarar polas paredes do vaso para que non se mesture co filtrado e forme unha capa sobre el separada pola densidade.
  3. Deixar repousar durante uns minutos. Observarase que vai subindo unha maraña de fíos brancos que serán o ADN do melón.
  4. Recoller este ADN cunha variña; introducila ata xusto debaixo da separación entre o alcohol e o tampón e remover cara diante e atrás ata que as moléculas de ADN queden pegadas á mesma.
  5. Deposítanse estes fíos brancos nun porta obxectos.
  6. Co obxectivo de máximo aumento no microscopio observarase un anaco deses fíos. O ADN debe verse como filamentos delgados e separados.
  7. Se queremos observar mellor o ADN podemos facer unha tinción empregando orceina acética.





Palabras Clave:

  • Solución tampón: É a mestura en concentracións relativamente elevadas dun ácido débil e a súa base conxugada, é dicir, sales hidrolíticamente activas. Teñen a propiedade de manter estable o pH dunha disolución fronte á adicción de cantidades relativamente pequenas de ácidos ou bases fortes.
  • Emulsión: Neste caso referímonos a romper as moléculas grandes de graxa en anacos máis pequenos.
  • Grupo fosfato: É un dos grupos funcionais máis importantes para a vida. Encóntrase nos nucleótidos, tanto nos que forman parte dos ácidos nucleicos (ADN e ARN), como nos que interveñen no transporte de enerxía química (ATP) e tamén está presente nos fosfolípidos.
  • Probeta: Tubo de ensaio para probas de laboratorio.
  • Interfase: Lugar de separación entre dous líquidos de diferente composición ou densidade, neste caso alcohol e auga.
  • Proteolítico: Substancia empregada para romper ou dixerir as proteínas.


Discusión

Probamos tanto con papaia coma con melón. Decidimos que é mellor co melón, xa que ten menos polpa e unha cor menos forte, polo que se ve con máis facilidade a subida do ADN.
Conclusión

O produto obtido da extracción non é ADN puro xa que, mesturado con el, hai fragmentos de ARN. Unha extracción "profesional" realízase engadindo encimas que fragmentan as moléculas de ARN e impiden que se unan ao ADN.




Agradecementos

Á nosa profesora de bioloxía por orientarnos con múltiples exemplos de prácticas científicas.



Listaxe de referencias

Pequeno Dicionario Xerais da Lingua
Prácticas da CIUGA para Bioloxía de 2º Bacharelato
Autoría















Integrantes do Club de Ciencias do IES Beade:


  • Comesaña, Gaila
  • Larrán, Belén
  • Costas, Sara
  • Mejuto, Daniel
  • González, Lara
  • Miranda, Elisabeth
  • González, Nerea
  • Moreyra, Martina
  • Pérez, Sergio
  • Otero, María
  • Mouriño, Paula






















No hay comentarios:

Publicar un comentario