Colorantes nas larpeiradas
Os aditivos alimenticios son substancias químicas sen valor nutritivo. Engádense aos alimentos e bebidas para modificar algunha das súas características ou para protexelos dos xermes, ampliando o seu período de conservación.
Actualmente, moitos alimentos envasados ou preparados industrialmente conteñen aditivos.
- Clasifícanse como:
Colorantes: empréganse para colorear alimentos de acordo co seu sabor. Poden ser artificiais, obtidos por síntese química, ou naturais, obtidos directamente de alimentos ou de seres vivos (cochinillas ou carotenos)
Conservantes: axudan a manter os alimentos en bo estado durante máis tempo.
- A nosa práctica:
Fixemos probas con diferentes alimentos, tanto líquidos como sólidos, para saber se os seus colorantes eran artificiais ou naturais. O procedemento, foi:
Se o alimento era un líquido, botamos 50 ml deste nun vaso de precipitados. Se o alimento é sólido, engádeselle auga destilada ata os 50 ml. A ambos se lle engade unha cullerada de vinagre.
Colocamos o vaso de precipidaos nun mecheiro de alcohol e esperamos ata que se quentara ben (tería que ser ata que fervera, mais os nosos mecheiros de alcohol non proporcionaban o suficiente calor para que ferveran) e entón depositámos un trozo de la de ovella, previamente atado cun fío e esperamos ata que quede ben coloreada. Logo de esto, lavamos o trozo de la na billa e a pomos de novo nun vaso de precipitados con 50ml de disolución diluída de hidróxido amónico 1M. Se a la perde a cor, o colorante do alimento era ARTIFICIAL. Se a la non perde a cor, entón o alimento contiña un colorante NATURAL.
La tinguida dunha bebida de cor azul chamada "traguitos" |
Utilizamos o TANG, que se utiliza para facer zume de laranxa |
Resultados das prácticas |
Práctica feita cunha regaliz |
Práctica feita cunha "larpeirada natural" |
Facéndo unha práctica con outra bebida de "traguitos" pero de cor roxa |
Prácticas de diferentes alimentos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario