lunes, 31 de octubre de 2016
martes, 18 de octubre de 2016
FINDE Científico
Esta fin de semana, do 22 e 23 de outubro, algúns alumnos e alumnas do lub de Ciencias, xunto coas profesoras, participamos co "stand nº17", na feira de ciencias:
FINDE CIENTÍFICO
organizada polo MUNCYT, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía en Alcobendas (Madrid).
Se estades por Madrid, xa sabedes, vinde a vernos!
E se non, xa vos contaremos a nosa experiencia.
viernes, 22 de julio de 2016
Premio SGAPEIO 2016
Parabéns ás catro alumnas do club de ciencias (Antía, Emilia, Gabriela e Noa) que gañaron a VI edición do concurso INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMIENTOS organizado pola Sociedade Galega de Estatística, na categoría de 1º-2º de ESO.
Aquí tendes unha ligazón ao traballo presentado, de título Te alimentas ben :) ?
e que analizaron os hábitos de alimentación e saúde dos alumnos do noso instituto.
De premio recibion unha tableta cada unha.
E ademais, viaxaron a Badajoz a participar na fase nacional
jueves, 23 de junio de 2016
EXPOSICIÓN DE CARTEIS
Xa rematados, colocamos a exposición no corredor da área de ciencias .
E aqui tedes o resultado final.
ESTUDIO DUN SOLO
O solo fórmase a partir das rochas, a medida
que estas se van erosionando pola chuvia, as raices das árbores que as van rompendo, e tamén os animais que
viven dentro del como as miñocas, as toupeiras, que axudan a mantelo.Teñen que
pasar miles de anos para formar o solo fértil donde poder cultivar .
Un solo ben formado ten varias capas , na
superficie están os restos de follas e outros seres vivos, por debaixo a capa
de materia orgánica, despois materia mineral e xa por último a rocha da que se
orixinou.
A primeira é moi importante para a vida ,
necesita manter a vexetación
para non perderse .
Fixemos unha análise de dúas mostras, unha que collemos nas saídas e outra dun xardín .
Separamos con cribas as partículas para ver os
diferentes tamaños .
Despois volvemos a mesturar todo engadindo auga e o pasamos a dúas probetas , nas que podemos ver como se colocan as diferentes capas .
lunes, 20 de junio de 2016
O noso monte e os incendios forestais
Ó longo do curso fomos
diseñando carteis das actividades que facíamos
e da información recolllida, aquí están
, esperamos que vos gusten.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























