A semana pasada, despois de facer os postres, como estábamos cerca do entroido, a nosa profesora María, de inglés, fixo masa para as orellas que amasamos e fritimos na escola. Aquí deixámosvos unhas mostras:
martes, 23 de febrero de 2021
domingo, 10 de enero de 2021
Decorando as nosas galletas
Aquí tedes algunhas imaxes do obradoiro de galletas de Nadal, que decoramos o último día do trimestre no laboratorio. Ademais de ricas quedaron moi bonitas.
martes, 15 de diciembre de 2020
Galletas de manteiga
----- RECETA DE GALLETAS DE MANTEIGA -----
INGREDIENTES
-200g de manteiga
-120g de azucre
-280g de fariña de trigo
-1 culler pequena de extracto de vainilla
PASOS
-Mesturamos a manteiga co azucre
-Unha vez mesturado,votamos o extracto de vainilla
-Engadimos a fariña e mesturamos todo
-Se deixa repousar a masa un tempo
-Se lle da forma
-Ao forno durante 12 minutos
-E despois se decoran
jueves, 19 de noviembre de 2020
Participación no noso centro nas Xornadas de XuvenCiencia para profesorado e na feria Maker Faire de Galicia
Este venres 20 de novembro, as alumnas de 2º de Bacharelato Aroa Alonso, Andrea Conde e Ana Groba, van a participar na edición virtual da Maker Faire,
unha feria de ciencias e tecnoloxía a nivel de Galicia, presentando un traballo que fixeron o curso pasado, 2019/20, coa profesora de bioloxía Celia Fernández, sobre a detección de proteínas e outros nutrientes en distintos alimentos. A súa principal motivación era comprobar se as bebidas vexetais tan de moda, chamadas leite de soia, de arroz..., poden ou non considerarse bós substitutos do leite de vaca.
Estarán en liña de 10:15 á 12:00. Para acceder aos contidos da feira virtual clicade aquí e seguide as instrucións.
Ademáis, Celia participará na tarde do mesmo día na VI Xornada XuvenCiencia para Profesorado, explicando este proxecto, feito coa axuda de Fotometrix, un kit educativo desarrollado por XuvenCiencia, organismo dependente da USC. A ligazón para asistir ao encontro está aquí:
miércoles, 1 de julio de 2020
Buscando bacterias e fungos
Os alumnos de 1º ESO quixemos comprobar a presenza de bacterias e fungos ó noso redor.
O primeiro foi preparar un medio de cultivo con xelatina, caldo de carne azucre e auga, que botamos en placas de Petri xa fervidas.
As tapamos rápido para que non se contaminaran, e o día seguinte sementamos de diferentes formas: deixando algunhas abertas, de mans sucias e limpas, con mostras de auga sucia...Despois aprendemos a diferenciar coa lupa as colonias de bacterias dos fungos
Quedou ben comprobado que si había
Tamén quixemos comprobar se o allo impedía o crecemento das bacterias e dos fungos. Sementamos en placas por parellas, unhas con allo e outras non.E o resultado foi diferente, como podedes ver
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















