miércoles, 1 de julio de 2020
Buscando bacterias e fungos
Os alumnos de 1º ESO quixemos comprobar a presenza de bacterias e fungos ó noso redor.
O primeiro foi preparar un medio de cultivo con xelatina, caldo de carne azucre e auga, que botamos en placas de Petri xa fervidas.
As tapamos rápido para que non se contaminaran, e o día seguinte sementamos de diferentes formas: deixando algunhas abertas, de mans sucias e limpas, con mostras de auga sucia...Despois aprendemos a diferenciar coa lupa as colonias de bacterias dos fungos
Quedou ben comprobado que si había
Tamén quixemos comprobar se o allo impedía o crecemento das bacterias e dos fungos. Sementamos en placas por parellas, unhas con allo e outras non.E o resultado foi diferente, como podedes ver
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario