viernes, 28 de junio de 2019
Resistencias eléctricas
Nesta práctica aprendimos a identificar resistencias usando o código de cores, e usando o polímetro, comprobar o seu valor real.
sábado, 15 de junio de 2019
EXPOSICIÓN DE TRABALLOS 2019
Vos presentamos un resumo fotográfico da exposición dos traballos do Club realizada durante a feira de proxectos do noso instituto, celebrada o 4 de xuño.
lunes, 10 de junio de 2019
Xogos en Scratch
Xogando co medioambiente: xogos en Scratch
Alumnos de 3º ESO do Club realizaron varios xogos en Scratch para fomentar o respecto ao medioambiente, os ecosistemas e o consumo responsable de auga.
Vos deixamos algúns exemplos para que xoguedes:
Xogo da gota de auga: Consegue estrelas e sube de nivel
Xogo da Terra : Salva á Terra dándolle auga e evitando as nubes radioactivas
Alumnos de 3º ESO do Club realizaron varios xogos en Scratch para fomentar o respecto ao medioambiente, os ecosistemas e o consumo responsable de auga.
Vos deixamos algúns exemplos para que xoguedes:
Xogo da gota de auga: Consegue estrelas e sube de nivel
Xogo da Terra : Salva á Terra dándolle auga e evitando as nubes radioactivas
lunes, 27 de mayo de 2019
Apúntate á compostaxe.
Dentro do programa Revitaliza, asisitimos a unha charla sobre a xestión dos residuos, e de como podemos contribuir a reducir a cantidade que xeramos , utilizando a parte orgánica para facer compost.
viernes, 24 de mayo de 2019
Disección de un encéfalo de vaca
Disección dun encéfalo e dun ollo de vaca
Da visita ó mercado que fixeron os nosos compañeiros, trouxeron cranios de vaca, coello, polo e cordeiro. Aproveitamos para facer a disección do da vaca. Non foi fácil extraelo sen rompelo, é pesadísimo, pero tras bastante rato o logramos.
Despois, seguindo a información das guias e cos modelos do laboratorio, identificamos as principais estruturas, comparando tamén as diferenzas cos modelos do cerebro humano. Por último sacamos os ollos, isto foi o máis laborioso, e diseccionamos un deles. O outro o conservamos en alcohol, xunto co encéfalo e os outros cranios.

Visita ó Centro de investigacións Mariñas de Vigo.
Os alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizamos unha visita ó Centro de Investigacións Mariñas de Vigo.
Foi moi interesante, primeiro nos explicaron a organización e as diferentes liñas de investigación. Despois nos separamos en dous grupos e visitamos varios departamentos, como o de reciclado de residuos da pesca, o de pigmentos en oceanografía, ou o de acuicultura, onde puidemos observar os tanques de cultivo e os acuarios dos cabaliños de mar.
lunes, 20 de mayo de 2019
As escamas dos peixes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























