Disección dun encéfalo e dun ollo de vaca
Da visita ó mercado que fixeron os nosos compañeiros, trouxeron cranios de vaca, coello, polo e cordeiro. Aproveitamos para facer a disección do da vaca. Non foi fácil extraelo sen rompelo, é pesadísimo, pero tras bastante rato o logramos.
Despois, seguindo a información das guias e cos modelos do laboratorio, identificamos as principais estruturas, comparando tamén as diferenzas cos modelos do cerebro humano. Por último sacamos os ollos, isto foi o máis laborioso, e diseccionamos un deles. O outro o conservamos en alcohol, xunto co encéfalo e os outros cranios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario