martes, 9 de mayo de 2023

O fluxo laminar


 

O fluxo laminar

 Todos os fluídos poden comportarse de dúas formas: O fluxo laminar, que é o movemento dun fluído de forma ordenada, e o fluxo turbulento que é o movemento dun fluído de forma caótica e desordenada como se pode ver na imaxe.

No club de ciencias quixemos comprobalo facendo un experimento que consistia no seguinte:

          PROCEDEMENTO:

  • Encher un globo de auga
  • Pegar  cinta formando un pequeno cadrado
  • Con coidado facer un burato cun cuter no centro do cadrado xa formado coa cinta.
  • Como se pode ver na imaxe, a auga en forma de fluxo laminar perfectamente ordenada, asemellando que esta detida.




No hay comentarios:

Publicar un comentario