Un grupo de alumnos do club nos propusimos medir os decibelios, é dicir, a intensidade de ruido no noso centro en distintos momentos e lugares do mesmo, para averiguar se podia chegar a ser demasiado alta (nos periodos de lecer, na cafetería, nas aulas...) e ver como podíamos facer para reducila.
Para facer as medicións empregamos tablets e unha aplicación gratuita que se chama Science Journal
A aplicación permite deixar grabadas varias medicións, para poder analizalas, e tamén velas en tempo real.
Na seguinte táboa amosamos o resumo das nosas medicións:
Comparando coas táboas de decibelios estándares, nas que se clasifica a intensidade do sonido en función dos decibelios medidos, como a que se ve a continuación:
Concluimos que:
- Os valores máximos de decibelios medidos son demasiado altos nos recreos no vestíbulo, e na cafetería.
- Nas aulas, ás veces o valor medio é un pouco alto de mais, tendo en conta que supostamente debería estar en silencio, mentras fala o profesor ou profesora.
Como última parte deste traballo a nosa intención e construir varios "semáforos de alerta" , empregando placas de arduino, sensores de sonido e leds, para colocalos nalgúns puntos "sensibles" do centro, e que "avisen" con luz vermella cando a intensidade sonora supere un certo umbral.
Os umbrais que imos empregar son:
- Menos de 30dB: luz verde, nivel de ruido aceptable
- Entre 30 e 50dB: luz amarela/laranxa, nivel de ruido empeza a ser moderado
- Mais de 50dB: luz vermella, nivel de ruido non aceptable
Nesta imaxe podedes ver o semáforo en proceso de construción:
No hay comentarios:
Publicar un comentario