viernes, 21 de febrero de 2020

Sementando na horta escolar con Sergio Valiño

Este martes, no club de ciencias, contamos coa presenza de Sergio Valiño, escultor e artista vigués, e apaixoado da horticultura, que nos obsequiou con plantas e semillas de hortalizas curiosas, moitas de orixe americano, pero que dende fai tempo se cultivan nas nosas latitudes.

Sementamos e preparamos semilleiros de:
- Chayota, cun froito con propiedades semellantes á pataca, pero con menos almidón
- Lufa, unha pranta trepadora, na que o seu froito aproveitase para facer esponxas naturais.
Millo de cores, orixinario de America do Norte.
- Ruibarbo: o seu talo é empregado para facer tartas, pero as follas son tóxicas, pois conteñen moito ácido oxálico.
- Baobab. Probamos as sementes, cubertas dunha película branca con sabor a nube de azúcre









Semilleiros reciclados coas novas sementes

"Esqueleto" do froito da lufa, que serve de esponxa

Chayota. Precido á pataca, pero con menos almidón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario