domingo, 25 de noviembre de 2018

As fases da Lúa



 As fases da Lúa e os eclipses

O obxectivo foi simular  os movementos da Lúa para entender  como se producen os eclipses e as fases lunares.
Materiais necesarios:
 Balón de baloncesto.
 Pelota de tenis.
 Lanterna ou outra fonte de luz
Procedemento
1. Colle a esfera que simulara a Terra (balón de baloncesto) e a que representará a Lúa
(pelota de tenis), e sepáraas a unha distancia suficiente, nunca inferior a un metro.
Coloca a lanterna ou proxector no fondo da clase.
2. Coloca ámbalas dúas esferas con respecto ó foco de luz para simular un eclipse de Lúa,
e debuxa a continuación, como as colocaches.
3. Coloca ámbalas dúas esferas con respecto ó foco de luz para simular un eclipse de Sol e
debuxa a continuación como as colocaches.

No hay comentarios:

Publicar un comentario