martes, 15 de mayo de 2018

Afloramento (Upwelling)

AFLORAMENTO


Explicación:
A auga da superficie da ría quéntase polo sol. Á súa vez, polo fondo da ría entra auga fría do Atlántico cargada de nutrientes. Iso fai que a auga superficial se desplace cara ao océano e a auga do Atlántico ocupe o seu lugar. Cando sopra o vento do norte, a auga quente desprázase cara o sur e a auga fría emerxe pola zona de Moaña e Cangas, facendo que a auga teña máis nutrientes e favorecendo a pesca. Isto se coñece como "AFLORAMENTO".

Experimento:
Materiais:
  • Recipente grande, dous embudos e dous tubos de plástico.
  • Auga case conxelada, auga moi quente e témperas azuis e vermellas.

Procedemento:
  • Enchemos o recipiente con auga da billa.
  • Mesturamos a auga fría coa témpera azul e a quente coa vermella.
  • Acoplamos os embudes aos tubos.
  • Vertemos a auga quente cun embude nun extremo do recipente e a fría co outro embude no outro extremo.(O tubo da quente ten que estar na superficie da auga e o tubo da fría no fondo do recipiente.)

Resultado:
O resultado tería que semellarse á fotografía ou ó video que tedes debaixo, véndose claramente como se intercambian os dous tipos de auga.





Feito por:

Alejandro Fernández González

Jorge Posada Durán

No hay comentarios:

Publicar un comentario