jueves, 16 de febrero de 2017

Gañadora da fase galega da VIII Olimpiada Galega de Xeoloxía


Onte varios alumnos e alumnas do club de ciencias, de 4º ESO e 1º de Bacharelato, se presentaron á fase galega da VIII Olimpiada de Xeoloxía, na Escola Superior de Enxeniería de Minas da Universidade de Vigo.




Pola mañá tiveron dous exames prácticos en grupo, un de mapas e outro de identificación de minerais, rocas e fósiles. E pola tarde un exame individual tipo test. A nota final de cada alumno era unha media da nota individual e do grupo.

Iria Alonso Comesaña, alumna de 1ºBacharelato A, foi a gañadora do concurso, a nivel de toda a provincia. Ademais de recibir unha preciosa medalla, dous dvds e un smart watch, participará na fase nacional en Salamanca.


Moitos parabéns, e sorte, Iria!


E tamén parabéns ao resto dos alumnos participantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario