jueves, 3 de diciembre de 2015

Como inchar un globo sen soprar? Emilia y

Que imos conseguir?
Imos comprobar a reacción do buicarbonato de sodio co ácido cítrico que se encontra no zume de limón, para producir, ademais de auga e citrato de sodio, dióxido de carbono, o composto gasoso co que imos inchar o globo.


Precisamos os seguintes materiais:
-unha botella de 500ml 
-dous limóns
-bicarbonato de sodio en po
-un expremedor
-un coitelo
-unha culleriña
-un globo

Como facelo? 
1.Obtemos o zume dos limóns e botámolo no interior da botella.
2.Introducimos dúas clleradiñas de bicarbonato de sodio no globo.
3.Colocamos o globo na boca da botella e a suxeitamos cunha goma ou coa propia man.
4.Deixamos caer o bicarbonato do interior do globo ao fondo da botella.
5.Apreciaremos un burbullo caracteristico que se produce debido ao CO2 formado na reaccion química que ten lugar.
6.Observamos a forma en que o globo se incha debido ao CO2. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario