martes, 23 de abril de 2019

Chuvia ácida


      Chuvia ácida


Propósito: Con este experimento queremos representar a repercusion da chuvia ácida nunhas follas  e nun par de xices.

Materiais necesarios: Tres xices/ Tres follas, un vaso de auga, un vaso de zumo de limón e un vaso con vinagre.

Procedimiento: O único que debemos facer é colocar un xiz/ folla nun vaso ao que engadimos vinagre ou zumo de limón e observar o que sucede.

Precaucions: ¡NINGUNHA! aunque non o pareza non hai que preocuparse por este experimento.

Explicación:cando introduzcamos un xiz en cada vaso veremos que suceden varias cousas: No vaso de auga non pasara nada pero nos vasos de limon e vinagre empezaremos a ver como salen burbulla  e un pouco de espuma.O primeiro que debemos saber e que o xiz esta formado por carbonato de calcio, ao poñer o xiz no auga,  non sucedera nada. Ao poñer o xiz no vaso de zumo de limon se produce una reaccion acido-base, as burbullas que saen son de dioxido de carbono. que vai liberando a  reaccion. No vaso de vinagre pasarálgo semellante.
Con este experimento podemos comprobar os efectos da chuvia acida sobre os edificios e nas follas.

Escrito por: Nicolás Rodríguez García y Adrián Pérez Rodríguez.

UNGÜENTOS


Os ungüentos son preparacións semi-sólidas feitas con ingredientes vexetais e extractos
aromáticos procedentes de prantas.
Ó contrario das cremas, os ungüentos non conteñen auga.
Os ungüentos úsanse para tratar problemas na pel seca coma a psoriasis e tamén son
usados para os beizos coma un brillo dos beizos.

MATERIAIS:
-cociña eléctrica.
-recipiente grande para ferver ó baño María.
-vaso de precipitados.
-vara de cristal.
-balanza de precisión.
-cera de abella.
-aceite de caléndula ou de améndoa.
-aceite esencial de limón (ou calquer outro tipo de aceite esencial).

PREPARACIÓN:
Nós usamos 70ml de aceite de améndoa e engadimos 5,5 gr de cera de abella.
Colocamos a cera de abella e o aceite de améndoa dentro do vaso de precipitados e
o mantivemos a temperatura constante ata que a cera se derretiu e mesturouse co aceite,
debes removelo ata que quede unha mezcla homoxénea.
Añade 1 ou 2 gotas do tu aceite esencial á mezcla.
Antes de quede que se enfríe,distribúe a mezcla en pequenos recipientes.

Sara e Xandra. 2º ESO.

Crema de Aloe e aguacate



Crema de  Aloe e Aguacate.




Ingredientes:
  • Follas de  Aloe.
  • Aguacate moi maduro.
  • Aceite de oliva ou aceite de bebé.
Instrumentos:
  • Coitelo
  • Culler
  • Batidora
Preparación:
Corta o  aguacate pola metade, retira a  pulpa con axuda dunha culler ou
coitelo.
Corta as follas de Aloe e, quítalle a parte externa, extrae a  pulpa do interior.
Mestura nun recipiente a  pulpa do aguacate co Aloe, engade un chorro de
aceite de oliva, e bate ata lograr unha pasta homoxénea. Podes usar a
 batidora .
Engade ao final unhas pingas de limón (actúan como antioxidante e axuda
a manter a crema).

Gárdaa nun lugar frío para a súa mellor conservación.


Uxía Pérez, Raúl Fernández

lunes, 22 de abril de 2019

Microorganismos nunha pinga de auga



Na semana de visitas dos grupos de Erasmus fixemos una práctica para identificar  microorganismos que se poden atopar en diferentes mostras de auga.
Primeiro recollimos mostras de auga de fontes ou charcas, logo usando os microscopios e diferentes guías, intentamos identificar e fotografiar  os microorganismos. Con algúns non era nada fácil porque se movían moi rápido.

Para facela non se necesita máis que un microscopio , portaobxectos e cubreobxectos  e un contagotas.

Aquí tedes algunas imaxes





lunes, 25 de marzo de 2019

Proxecto Hidroescolas




Este curso  seguimos colaborando co proxecto Hidroescolas, que levan a cabo científicos do Instituto de Investigacións Mariñas, e que pretende  identificar as descargas de augas subterráneas na nosa ría, así como determinar o seu impacto. 

                                       Estes son os puntos de recollida na primeira entrega: 





Fixemos a segunda  recollida de mostras de auga dos nosos pozos, e participamos nun taller sobre o problema da acidificación dos océanos,  dirixido por dous destes investigadores. Comprobamos no laboratorio o  papel do  CO2  no  cambio do pH da auga, e os  seus efectos sobre   a vida mariña.





martes, 19 de marzo de 2019

Xogando coa luz

Propiedades da luz cun punteiro láser



Cun punteiro láser pódense realizar muiltitude de experiemtos coa luz. Un grupo de alumnos e alumnas do Club empregamos un punteiro de luz vermella para:

- Observar a traxectoria rectilínea da luz
- Reflectir a luz nun espello e rodear obstáculos
- Reflectir luz blanca e luz vermella na superficie dun CD e observar a difracción e dispersión da luz.



Tamén empregamos polarizadores e observamos a pantalla polarizada dun teléfono móvil, e como afecta á transmisión da luz




lunes, 4 de marzo de 2019

Clasificación de plásticos



Clasificación de plásticos

No laboratorio clasificamos os diferentes tipos de plásticos recollidos na saída a praia  de Patos según as súas propiedades.