lunes, 29 de junio de 2026
martes, 16 de junio de 2026
Pósters con información sobre os vexetais da nosa horta
Finalizada a horta, vos amosamos os traballos de investigación sobre os vexetais prantados neste curso
martes, 9 de junio de 2026
Horta Escolar no curso 205/26
Durante este curso volvimos a preparar e plantar vexetais na horta escolar. No vídeo tedes un resumo do noso traballo
martes, 2 de junio de 2026
O Club de Ciencias na exposición de proxectos do IES Beade
O 26 d emaio celeborouse a tradicional feira de proxectos no centro, onde varios departamentos e clubs expuseron o seus traballos para explicarllos ao resto de compañeiros e profesores.
Deixámovos unha montaxe con exemplos das aportacións do Club á feira deste ano:
lunes, 4 de mayo de 2026
Alumnado do Club de Ciencias na feira CINVIGO 2026
Os pasados 25 e 26 de abril celebrouse no paseo do Naútico de Vigo a VI edición da FEIRA DE CIENCIA NA RÚA CINVIGO, organizada pola Universidade de Vigo.
Nela participaron dous proxectos do Club de Ciencias. O proexto "Recordos Vivos", de alumnado de 4º de ESO, e o proxecto "Paxaros" con alumnos de 2º e 3º de ESO.
Deixámovos a continuación un par de montaxes da nosa experiencia na feira
martes, 14 de octubre de 2025
Inicio do Club de ciencias 2025/26
Na próxima semana comenzará a andaina do Club de Ciencias 25/26
Neste curso teremos varios proxectos, uns relacionados coa astronomía, pois 2026 é o ano onde teremos a grande oportunidade de ver, dende moitos puntos de Galicia, un eclipse total de sol.
Noutros proxectos traballaremos coa robótica e outro estará centrado no estudo dos paxaros nos montes de Beade.
miércoles, 28 de mayo de 2025
Éxito da feria de proxectos do club de ciencia na edición 2025
O 27 de maio celebramos a feria de proxectos do centro, cunha participación destacada do alumnado do club.
No seguinte video presentámobos un resumo dos experimentos e proxectos exhibidos durante o día.
sábado, 25 de mayo de 2024
Fabricando xabón
Neste proxecto levamos a cabo a fabricación de xabón empregando aceite e sosa cáustica (unha substancia corrosiva que se emprega como desatascador entre outras cousas). Trátase dunha técnica tradicional, que empregan nos pobos dende sempre coa graxa que se obtén dos produtos animais.
O proceso polo que
ten lugar a produción de xabón chámase saponificación, ao reaccionar un lípido
(como a graxa do aceite) cunha base fórmase glicerina e varias moléculas de
xabón. Para que a reacción
vaia máis rápido é recomendable que teña lugar a unha temperatura elevada, por
iso mesturámolo nun baño María.
Cremas e ungüentos
Neste proxecto fabricamos cremas cunha planta que se chama Aloe Vera. É unha das plantas que tamén plantamos no noso horto, ten unhas follas carnosas, con moito líquido; e que non necesita de ser regada moito, pero si necesita moita luz.
CinVigo
As alumnas Alba, Irene e Ana de 3º da ESO participamos a finais do mes de abril na feira científica CinVigo organizado por CINBIO.
O horto de Beade
O NOSO HORTO
Os rapaces e rapazas do club de ciencias de 1º da ESO estivemos a traballar ao longo do ano no horto que temos detrás da pista de fútbol.
O seguinte paso foi sachar e rastrillar o terreo, e coa terra ben preparada, pasamos a plantar un pouco de todo: tomates, acelgas, allos, cebolas, pementos, leitugas, calabacín... Puxemos o rego, que xa estaba instalado, e fumos modificando as frecuencias de rego en función do tempo.
Construimos ademais un horto “interior” pero que está posto fora, colgado na parede do pabellón. Fixémolo cun palé no que clavamos unhas táboas a modo de fondo. Elaboramos tamén maceteiros con botellas recicladas, no fondo puxemos pedras para mellorar a drenaxe e fixemos buratos na base. Nese horto plantamos herbas aromáticas como ourego, manzanilla, cilantro…
Biomateriais
O SCOBY é unha colonia de organismos que contén bacterias e lévedos. Os lévedos son fungos microscópicos unicelulares que se empregan para facer pan, cerveza, viño… son moi empregados porque teñen a capacidade de levar a cabo un proceso que se chama fermentación. A fermentación consiste en empregar unha fonte de alimento, como pode ser un azucre, e degradar esa fonte a moléculas máis sinxelas, como pode ser alcol.
Para fabricar Kombucha, os organismos fermentadores do SCOBY empregan o té verde como fonte de alimento para a fermentación e producen unha bebida alcólica, pero como o proceso da fermentación é tan eficiente o alcol consúmese na súa totalidade.
No caso deste plástico, como resultado da fabricación de Kombucha tamén se fabrica celulosa, que se deixamos reposar durante unhas semanas acaba producindo unha película fina que é o noso plástico.
martes, 7 de mayo de 2024
Cinvigo - Cinbio
Catro alumnos de 2ºESO do instituto IES de Beade participou na segunda edición do
Cinvigo. Nel presentaron un par de proxectos que realizáronse no colexio polo resto
do alumnado do Club de Ciencias do colexio.
1. Cámaras de Fototrampeo.
No primeiro proxecto que presentamos, explicamos qué é, as partes dunha cámara de
fototrampeo que trouxemos do instituto, logo ensinamos brevemente os videos da cá-
mara de fototrampeo.
2. Pegadas dos animais.
Despois de presentar as cámaras de fototrampeo, proseguimos a presentar sobre as
pegadas dos animais que poidemos coller no monte. Primeiro, ensinamos o proce-
demento para recoller una forma da pegada en escaiola. Logo, ensinamos os que pui-
demos recoller, como por exemplo, una pegada dun xabaril, dun can, dun gato e mais
dun teixugo. Mais adiante, ensinámoslles a nosa guía de pegadas e regalámoslles uns
folletos cunha pequena guía de pegadas e os pasos para sacar unha escaiola dunha pe-
gada.
3. Hotel de insectos.
E por último, o proxecto co que pechamos a nosa presentación, presentamos o noso ho-
tel de insectos, que aínda esta baleiro. Ensinamos os materiais utilizados, como piñas,
paus, ladrillos, etc. Tamén explicámoslles que insectos poderían entrar no hotel de in-
sectos e onde se podería colocar.
4. Código QR.
E ao rematar, ensinámoslle o Código Qr onde nos podería votar.
martes, 27 de febrero de 2024
Videos coa camara de fototrampeo
FOTOTRAMPEO
Procedemento da colocación das cámaras:
1. Buscar o lugar adecuado onde se poida atopar un animal:
3.Colocar as cámaras cunha brida e deixar o cebo cara onda apunta a cámara.
4.Esperar unha semana para obter resultados coma estes:
martes, 20 de febrero de 2024
MÁSCARS DE ENTROIDO
Procedemento realizado:
1. O primeiro paso é cortar o papel
2. O segundo paso é introducir o papel nun reipiente con auga.
3. O terceiro paso é esperar a que o papel se humedeza.
4. O cuarto paso é trituralo e remexelo todo.
5. O quinto paso é escurrir o papel ata que se seque.
6. O sexto paso é botar pegamento á mestura.
7. O sétimo paso é debuxar a máscara nun globo.
8. O paso número oito é botar a mestura sobre o globo seguindo o debuxo feito anteriormente.
9. O noveno paso é esperar ata que se seque e una vez feito, retírase a máscara do globo.
10. Por último, a máscara píntase e decórase ao gusto.
RESULTADO:


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpg)



